O Concello aproba a ordenación decrecente das ofertas presentadas para a contratación, mediante procedemento aberto, das obras de reforma e rehabilitación da Praza de Abastos número 1.
A empresa que obtivo unha maior puntuación presentou unha oferta por importe de 4.003.415,02 euros, o que supón unha rebaixa do 13,80% respecto do orzamento base. Agora terá un prazo de dez días hábiles para acreditar ter toda a documentación e depositar a garantía na Tesourería Municipal.
Por outra banda, a Xunta de Goberno Local adxudicou a construción de 168 novos osarios no cemiterio de Santa Mariña, que se sumarán aos 558 cos que conta na actualidade e que darán resposta á necesidade deste tipo de instalacións. A obra, que suporá un incremento do 30% dos osarios cos que conta Ourense, terá un orzamento de 50.194,37 euros (IVE engadido), o que supón unha baixa dun 23,47% respecto ao presuposto de licitación.
Ademais, na Xunta de Goberno Local desta semana tratáronse outros 25 asuntos.