Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense puxo á disposición da Xunta de Galicia os terreos para o desenvolvemento do Proxecto integrador da estación intermodal. Concretamente, as parcelas 1, 2.1, 3a e 3b2 do proxecto de compensación do sector urbano de RENFE (SU-34 do PXOU), de titularidade municipal. Así o acordou hoxe a xunta de goberno local en funcións, reunida de forma extraordinaria, que tamén ordenou que consten estas modificacións no Inventario Municipal de Bens e Dereitos.

Ademais desta, en materia de Patrimonio, a xunta de goberno local extraordinaria en funcións aprobou outros 10 asuntos.

O pagamento de 111,40€ en execución dunha sentenza por unha responsabilidade patrimonial; e o pagamento de 815,61€ en cumprimento dun auto a favor da comunidade de propietarios.

En materia de responsabilidade patrimonial, inadmitiuse unha reclamación polos danos sufridos por unha caída contra un cartel anunciador; desistiuse outra por unha caída na praza das Mercedes; e desestimáronse senllas reclamacións por caídas na Avda. de Portugal e na rúa Valle Inclán, ademais de outra polo mal funcionamento dun bolardo na rúa Cruz Vermella. Estimouse, por outra banda, unha reclamación polos danos ocasionados nun vehículo por un contedor de lixo, valorados en 208,65 €. No sentido inverso, o Concello reclamará os danos causados nun contedor de lixo na Avda. Bos Aires por valor de 1.397,55 €.

Finalmente, a xunta de goberno considerou que a beirarrúa da Avenida das Caldas non é de titularidade municipal, a tenor dos informes xurídicos, xa que se trata dun elemento funcional que se integra na rede de estradas da Comunidade Autónoma de Galicia, a OU-420.

Noutro ámbito, a xunta de goberno concedeu licenzas para a mellora das condicións de accesibilidade mediante a instalación dun ascensor, e para a modificación da cuberta dunha vivenda unifamiliar en Seixalbo.

Por outra banda, o Concello tamén aprobou unha modificación no acordo da Xunta de Goberno Local do pasado 16 de maio, polo que se lle daba luz verde ao convenio de colaboración coa Secretaría Xeral do Deporte da Xunta de Galicia, para a realización de obras no Pavillón dos Remedios.

As obras de rehabilitación deste complexo deportivo contarán cun investimento próximo aos dous millóns de euros (1.987.479 euros), que serán asumidos integramente pola Secretaría Xeral para o Deporte. Na anualidade, 2019, a Xunta achegará a cantidade de 500.000 euros, mentres que os 1.487.479,59 euros restantes chegarán en 2020.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.