Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome e o presidente, Rafael Castro Armesto, e o ex presidente Alberto de Paula, da delegación en Ourense do Colexio de arquitectos de Galicia mantiveron esta mañá unha xuntanza na Alcaldía coa vontade de estreitar a colaboración entre ambas institucións a prol da cidade. Nesta primeira xuntanza abordaron dous asuntos fundamentais: o compromiso do Concello de axilizar a concesión de licenzas urbanísticas e convocar un concurso de ideas para a posta en valor das dúas marxes do río Miño ao seu paso pola cidade.

Ao remate da reunión, o presidente do colexio, Rafael Castro asegurou que foi unha “primeira toma de contacto” que se desenvolveu con “moi boa sintonía”, e de Paula pola súa banda expresou a total disposición do colexio “para colaborar por e para a cidade”. Neste senso, alcalde e arquitectos acordaron dar carácter regular a estes encontros para ir tratando diferentes temas, celebrando unha reunión cada mes. “Temos que ir da man do colexio claramente para sacar adiante a cidade urbanisticamente”, asegurou Gonzalo Jácome.

O alcalde de Ourense advertiu do “problema grave” que se presenta na actualidade nos prazos de concesión de licenzas, ao que se debe dar resposta, dixo, incorporando máis arquitectos que contribúan a axilizar os prazos.

A segunda liña de traballo tratada esta mañá é acometer un proxecto, dixo, para “embelecer, adecentar e unificar todo o circuíto del río Miño”, a través da sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello de Ourense e o COAG para desenvolver “un gran concurso de ideas que será o prólogo para transformar as ribeiras do Miño”.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.