Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O goberno municipal de Democracia Ourensana e Partido Popular sacou no día de hoxe, nun pleno extraordinario, os orzamentos para o presente exercicio, que ascenden a 103.126.170,09 euros, coa súa aprobación inicial. Son uns presupostos “realistas, rigorosos e os máis sociais”, como puxo de manifesto na súa intervención a concelleira de Facenda, Ana Fernández Morenza, mentres que o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, puxo en valor que se conta cun instrumento fundamental despois de seis anos sen ter orzamentos.

Neste senso, por parte do goberno deféndese que “os cidadáns e as súas necesidades son o máis importante”, coma rubricou Fernández Morenza, ante as críticas dirixidas pola oposición ao documento orzamentario, sen que dous dos grupos (PSOE e BNG) presentasen emendas, mentres que Ciudadanos presentaba unha emenda á totalidade que foi rexeitada por non cumprir os requisitos que se fixan no Regulamento Orgánico.

No que tamén incidiu a concelleira de Facenda é que “a preocupación deste goberno céntrase no benestar dos veciños”, de aí que unha das liñas se centre “no inmenso esforzo polos asuntos sociais” -hai un incremento dun 27,4% respecto aos de 2014- xunto cunha aposta “pola formación coma motor para a creación de emprego”, así como o comercio local, a educación e a atención aos maiores.

Pero, sen lugar a dubidas, e coa intención de darlles respostas ás necesidades que ten a cidade, as áreas de Infraestruturas e Medio Ambiente “convértense no eixe vertebrador de futuro”, xa que experimentan un crecemento dun 14,2%, cunha dotación total para as dúas por enriba dos 35,7 millóns de euros.

Ademais dos datos que foi expoñendo a concelleira de Facenda, o alcalde pon de manifesto que a aprobación inicial dos orzamentos, que dará paso a un período de exposición para a presentación de alegacións, supón un “paso moi importante para poder levar a cabo unha xestión en favor dos ourensáns, así coma a mellora da cidade”, que levará consigo unha “mellor calidade de vida”. Un obxectivo que se converte no piar básico da folla de ruta do goberno municipal.

Por outra banda, tanto a concelleira de Facenda como o alcalde desbotaron as denuncias da oposición, que rexeitaron en bloque os orzamentos, sobre a “ilegalidade” do documento, argumentando que aínda que o informe da Intervención é desfavorable _como o fora durante os últimos anos, incluído o 2014, actualmente vixente_, existen informes doutros funcionarios que o avalan, polo que entenden que se poden aprobar, amosando a súa vontade de seguir adiante para que “a nosa cidade poida avanzar”.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.