Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar Blanco, reuníronse esta mañá na Casa do Concello para abordar proxectos de interese para o desenvolvemento de Ourense. Unha cooperación que "retroalimenta" ambas institucións, en palabras do rexedor, e que dará "grandes froitos para a cidade e a provincia", en palabras do presidente Baltar. Os principais temas dos que se falaron foron os seguintes:

Centro de Intelixencia Artificial. O Concello de Ourense avanza que o vindeiro 10 de marzo haberá unha reunión a seis bandas con todas as institucións que van apoiar este centro: Concello, Deputación, Xunta de Galicia, Estado, Universidade de Vigo e UNED. O seu emprazamento será La Molinera, onde poderán desenvolver o seu traballo 150 científicos e investigadores, xa no verán de 2020, e preto de 1.000 nun futuro próximo, xa que "queremos ser o mellor centro de Europa", segundo Pérez Jácome.

O rexedor adiantou que serán necesarios 10 millóns de euros para iniciar o camiño deste centro, e que no mes de marzo sairá a concurso a praza de director. Baltar Blanco celebrou a reunión coas administracións, que servirá para que "poñamos negro sobre branco sobre a estratexia de financiamento" dun centro que servirá para darlle "un plus de posibilidades a este territorio".

Transporte metropolitano. Será unha realidade este mesmo ano a partir da extensión das liñas do novo prego de transporte do Concello de Ourense, que darán servizo aos municipios limítrofes. "A Deputación vai achegar o músculo financeiro necesario para que sexa real", anunciaba Manuel Baltar, "e converter Ourense no centro administrativo e comercial, pero tamén nunha cidade atractiva" para toda a contorna.

Pequeno comercio. A liña de axuda do Concello de Ourense ao pequeno comercio quérese estender a toda a provincia. "Hai que axudar, protexer e mimar o produto local", aseguraba o presidente provincial, "que precisa do impulso dunha plataforma que só as administracións podemos proporcionar". Nunha reunión celebrada esta mesma mañá na Alcaldía, Pérez Jácome debuxaba as liñas principais deste programa cos representantes da CEO.

Ribeiras do Miño. O alcalde de Ourense anunciaba que á próxima licitación do servizo de limpeza de parques e xardín da cidade sumarase a acción das Brigadas da Deputación Provincial, cuxa axuda será fundamental para darlle valor ás ribeiras do Miño, o paseo termal.

Intercambio de espazos. Concello e Deputación, na procura dunha maior eficiencia e funcionalidade, cederanse mutuamente o uso de dous locais: ao remate deste curso, a Escola de Artes da Deputación, emprazada na rúa do Doutor Marañón será empregada para usos administrativos do Concello, que á súa vez lle cede á Deputación o uso das antigas oficinas do OUFF na rúa da Canle para que se poida trasladar o alumnado da Escola de Artes e Oficios da Deputación. Ambas institucións manterán a titularidade dos seus respectivos edificios.

Ademais destes acordos, Baltar e Jácome salientaron que o Comité de Cooperación Permanente entre ambas as dúas institucións seguirá o desenvolvemento de proxectos e iniciativas que se levarán a cabo na cidade.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.