Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Ante a evolución do coronavirus COVID-19, definido como pandemia global pola Organización Mundial da Saúde, e seguindo as directrices marcadas pola Xunta de Galicia e demais autoridades sanitarias, o Concello de Ourense implementa un primeiro paquete de medidas preventivas en materia de saúde pública destinadas a afrontar a expansión do virus entre a poboación.

  • Cancela todas as actividades lúdicas, culturais -no Auditorio, na Sala Valente e no Museo Municipal-, formativas e deportivas programadas, incluídas as das escolas municipais deportivas, de música e de teatro, os cursos da Universidade Popular e do Parque de Montealegre.
  • Cancela o mercado ambulante do Parque de Barbaña dos días 7, 17 e 26, e do Campo da Feira dos días 7 e 17, e as Festas de San Lázaro.
  • Pecha ao público as instalacións deportivas municipais: Pavillón dos Remedios e demais polideportivos municipais.
  • Pecha os centros socio comunitarios: centros cívicos, bibliotecas, asociacións veciñais, Espazo Lusquiños, etc.
  • Fóra de servizo os espazos termais de xestión municipal directa: As Burgas e marxes do río Miño.

 

 

ATENCIÓN AO PÚBLICO

  • O Concello solicítalle á cidadanía que só acuda ás dependencias municipais en caso de que sexa imprescindible, e utilice as vías de atención telefónica e telemática dispoñibles. Pode consultar os contactos nesta mesma páxina web, na sección Directorio municipal
  • A Casa do Concello limita a 15 persoas o seu aforo de atención ao público presencial.
  • As solicitudes de certificados, altas de padrón ou cambio de domicilio non se despacharán na Casa do Concello de forma presencial. Poden solicitarse por correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., achegando a documentación requirida. O teléfono de información é 988 388 111.
  • A Oficina de Atención Cidadá só atenderá queixas, consultas e peticións de citas por teléfono, 988 392 909, e a través da Carpeta Cidadá.
  • O Rexistro do Concello só recibirá documentación en papel provinte de persoas físicas. As persoas xurídicas, profesións colexiadas e entidades sen personalidade xurídica (comunidades de propietarios, asociacións de veciños, etc.) deberán presentala por medios telemáticos, en aplicación da Lei 30/2015.
  • Os matrimonios civís desenvolveranse a porta pechada, coa única presenza das persoas que casan e as testemuñas.
  • A Oficina Municipal de Turismo non prestará atención presencial ata novo aviso. Poderase contactar telefonicamente ou a través do correo electrónico. 
  • O Consello Municipal de Deportes só atenderá as consultas administrativas telefonicamente ou a través do correo electrónico

O Concello segue a traballar en estreita colaboración entre as diferentes áreas municipais e en coordinación coas demais administracións para pór en marcha as medidas que sexan precisas para facerlle fronte á pandemia, e seguirá informando de cada unha delas. Agradece a comprensión da cidadanía ante as incomodidades que lles poidan ocasionar estas medidas, así coma a súa colaboración e implicación na protección da saúde pública.

 

GRAZAS A TODOS E A TODAS

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.