Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

  • A atención á cidadanía, con carácter xeral, canalizarase por vía telefónica.
  • As oficinas auxiliares de rexistro e atención cidadá funcionarán só por medios telefónicos e telemáticos.
  • A cidadanía non poderá acceder ás oficinas dos diversos servizos municipais.
  • Todos os trámites administrativos que estaban en curso quedan paralizados, e se interrompen os prazos.
  • Durante a vixencia da declaración de estado de alarma suspéndese a celebración das sesións ordinarias de todos os órganos colexiados municipais (Pleno da Corporación; Xunta de Goberno local; Comisións Informativas; Xuntas de área, Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes, mesas de contratación, e outros).
  • Todos os empregados públicos cuxas funcións permitan o seu desenvolvemento a distancia, prestarán o servizo dende os seus domicilios na modalidade de traballo non presencial.
  • Todos os empregados públicos que realicen funcións que non se poidan desenvolver mediante o traballo non presencial deberán permanecer nos seus domicilios, estar localizables e acudir presencialmente aos seus lugares de traballo cando o desempeño das súas funcións así o esixa.
  • En todo caso, considéranse servizos de carácter esencial os mercados municipais, os servizos relacionados coas tecnoloxías da información e da comunicación, os cemiterios, a limpeza viaria e a recollida de lixo; os servizos de benestar social e atencións ás persoas vulnerables; o servizo eléctrico; mantemento básico de vías públicas; a seguridade cidadá (policía local, bombeiros e protección civil) así como a atención cidadá (oficina auxiliar de rexistro e atención cidadá da Casa do Concello) e todas aquelas que determine a alcaldía e/ou as respectivas concellerías-delegadas por considerarse necesarias para garantir a continuidade dos servizos públicos esenciais. Tamén se consideran funcións esencias as desempeñadas polos membros da Corporación, e as persoas titulares da Secretaría Xeral do Pleno, Intervención Xeral, Tesourería, Oficialía Maior, Asesoría Xurídica, persoal directivo e xefes/as de servizo
  • Naqueles casos en que as funcións de carácter esencial deban desempeñarse presencialmente, a respectiva concellería-delegada establecerá as quendas necesarias para garantir a prestación do servizo e minimizar ao máximo o risco de contaxio laboral, arbitrando medidas organizativas para a protección da súa saúde e reordenando os espazos.
  • Todos os empregados permanecerán localizables e deberán reincorporarse aos seus postos de traballo de forma presencial se así se require por necesidades do servizo.

Comisión de seguimento

O alcalde asinou tamén esta mañá un segundo decreto, no que acorda Crear unha Comisión de Seguimento da evolución do COVID-19, presidida polo alcalde e integrada polo tenente de alcalde, Jorge Pumar, o secretario da Xunta de Goberno local, Miguel Caride, a intendente-xefa da Policía Local, o interventor, o titular da Asesoría Xurídica e o oficial maior.


A Comisión de Seguimento reunirase cando sexa preciso e segundo a evolución que se vaia producindo dos acontecementos, e a súa finalidade será a de analizar a situación e, propoñer a posta en marcha das medidas que se estimen necesarias. Estará operativa con carácter permanente e con total dispoñibilidade, podendo ser convocada en calquera momento polo alcalde. O rexedor poderá convocar ás reunións a outros membros do goberno, responsables técnicos municipais e a expertos cualificados na materia, así como contar co seu asesoramento experto, en función das necesidades existentes en cada momento.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.