Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense abrirá de inmediato un novo albergue se as circunstancias o fan preciso nas instalacións do albergue de peregrinos da Xunta de Galicia, na rúa da Barreira. A Administración Autonómica puxo hoxe o inmoble a disposición do Concello para que o utilice no caso de que sexa necesario. A concelleira de Política Social, Eugenia Díaz Abella, visitou esta mañá as instalacións xunto co equipo da concellería e constatou que o edificio se atopa nas condicións axeitadas para poñerse a funcionar no momento en que fose preciso. Neste senso, lembra a concelleira que o albergue do Concello, emprazado na Praza do Trigo, e que conta con 18 prazas, non está cheo, xa que dispón de prazas dispoñibles. Mais, en caso de que fose preciso nalgún momento, abriríase de inmediato o albergue cedido pola Xunta. Ademais, se as circunstancias fosen precisas, o Concello abriría un terceiro albergue, nas instalacións do antigo albergue de peregrinos de San Francisco, con capacidade para 12 prazas máis. O albergue de peregrinos da rúa da Barreira é un edificio de recente construción, xa que entrou en servizo en decembro de 2018, e ten capacidade para aloxar 13 persoas mantendo as distancias de seguridade recomendadas, máis unha habitación que o Concello mantería reservada por se fose preciso illar algunha persoa. Ao igual que o albergue principal, estaría aberto as 24 horas do día e, ademais do aloxamento, ofrecerialles ás persoas usuarias o almorzo, a comida e a cea para que non teñan a necesidade de saír do recinto.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.