Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, renuncia ao 30% do seu soldo mentres dure a situación de alarma polo coronavirus, que está a provocar unha parálise económica en todos aqueles servizos considerados polo Goberno central coma non esenciais. É “unha decisión persoal e solidaria, conforme se atopa nestes momentos o noso país, e que afecta tamén o noso municipio”, explica.

Pérez Jácome manifesta que “o que toca é seguir traballando, tanto en facilitar os medios para garantir a saúde dos nosos cidadáns”, en alusión a colaborar cos servizos de atención das diferentes áreas municipais, pero sen esquecer a necesidade de adoptar aquelas medidas que poidan paliar os efectos económicos debido ao peche decretado, sobre todo no que se refire aos autonomos, pemes e comercio de proximidade, sectores para os que o Concello prevé “mobilizar 20 millóns de euros en subvencións directas”. A este respecto, os técnicos municipais traballan nestes momentos para que poidan “ser entregadas no menor tempo posible, pero cumprindo cunha serie de requisitos”.

O rexedor pon en valor o traballo que se vén realizando polo goberno municipal “dende o mesmo momento en que o coronavirus 19 nos trasladou a outra realidade moi diferente”, polo que se tiveron que adoptar “moitas decisións e xestionar unha situación moi dificil”. Unha de esas decisión “pasa por unha auto renuncia do soldo como solidaridade con todos aqueles que viron mermados os seus ingresos e que contribúen á calidade de vida que queremos manter”. Pérez Jácome explica que “renunciar ao 30% do soldo de alcalde vai na liña da media que os traballadores en situación de ERTE perderán en todo o país”.

O alcalde quere amosar tamén o seu convencemento de que “superaremos entre todos esta situación, estou convencido de que sairemos máis reforzados”, afastándose así de polémicas sobre cuestións que foron obxecto de crítica: “O que nos debe importar agora son as personas, dar respostas sanitarias, pero tamén pór enriba da mesa medidas para paliar, na medida do posible, os efectos socioeconómicos desta pandemia”.

Mentres siga a situación de alerta, o consello do alcalde é claro: “Queda na casa, o coronavirus mata”.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.