Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Un compromiso “serio e firme”, esa foi a mensaxe que lles trasladou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, aos membros da directiva da Asociación de  Construtores de Ourense (ACO), co seu presidente, Santiago Ferreiro, á fronte, durante unha reunión que se celebrou está mañá no salón de plenos e na que tamén participaron a concelleira de Urbanismo, Sonia Ogando, e o  concelleiro de Infraestruturas, Miguel Caride.

Foi precisamente o concelleiro de Infraestruturas o que lles trasladou aos representantes da asociación de empresarios que recentemente o goberno municipal anunciou un plan de investimentos “moi ambicioso, de 50 millóns de euros”, co obxectivo de reactivar a actividade económica da cidade e sobre todo dun “sector de vital importancia”.

Para o presidente de  ACO, Santiago Ferreiro, na reunión “púxose de manifesto a receptividade do alcalde e dos concelleiros” con todas aquelas cuestións que lles foron expostas, así como con outras que xurdiron durante a reunión, relativas á contratación de xente moza e persoas desempregadas de longa duración no sector.

No que coincidiron tanto os membros do goberno municipal como os da executiva da construción, é que a obra pública vai ser determinante para “poder saír dunha situación tan  díficil”, xa que  o peche “supuxo un duro golpe para o sector da construción”, por iso é polo que esperan poder avanzar nunha actividade  que tamén necesita do apoio das administracións en todo o relacionado coas licenzas e os procedementos administrativos.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.