Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense cancela todas as actividades culturais e eventos deportivos dirixidos a un público masivo até a festividade de San Martiño, do próximo mes de de novembro. Así o anunciou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, dada a situación orixinada pola pandemia do COVID19, que fai inviable a posibilidade de organizar actividades que reúnan un público masivo.

Así, malia que o Concello de Ourense, desde a Concellería de Cultura, avanzara na planificación de alternativas -Festas de Ourense cun formato diferente, dinamización dos barrios con espectáculos de rúa, non masivos, durante o verán ou aínda a potenciación da celebración das festas do barrio da Ponte, en torno ao 25 de xullo-, a realidade fai que non sexa posible levalas a cabo nas condicións de seguridade e saúde precisas.

O alcalde avanza que nestes momentos, as esperanzas do Concello céntranse no mes de novembro, cando se celebra a festividade de San Martiño, patrón da cidade, o día 11 de novembro. O goberno municipal confía en que esta si se poida levar a cabo e, seguindo o modelo estreado no pasado ano 2019, estender a celebración desta data durante 4 días para potenciar esta festa como referente e dinamizador lúdico e cultural da cidade.

O Concello de Ourense traballa en calquera caso en reactivar e potenciar a actividade cultural de Ourense tan pronto como as circunstancias en materia de saúde pública o permitan, volvendo a programar aqueles eventos e espectáculos que sexa posible e considerando aquelas iniciativas que podan levarse a cabo a partir da recuperación da actividade.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.