Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Logo da modificación do calendario fiscal para o imposto de bens inmobles e para o imposto de circulación, a Concellería de Facenda segue traballando coa fin de axudar aquelas persoas afectadas pola declaración do estado de alarma, ben directamente, ben indirectamente. Así, o departamento de Ana F. Morenza tomou a decisión de aplicar unha tarifa reducida pola recollida de lixo para os inmobles nos que se desenvolvan actividades non esenciais. A tarifa será de 10,57€ ao mes, cunha considerable rebaixa fronte ao importe que se pagaba. Aplicarase con carácter retroactivo desde o día 14 de marzo, momento en que se decretou o estado de alarma, ata que a actividade poida volver exercerse.

En segundo lugar, a taxa para os veladores calcularase tendo en conta o período en que a vía pública non se ocupou de maneira efectiva como consecuencia da declaración do estado de alarma, deducindo do importe total que corresponda abonar a parte proporcional que corresponda desde o 14 de marzo ata que poidan ocupar a vía pública de novo.

Para iso, o Concello procederá a unha modificación do calendario fiscal con respecto a esta taxa, trasladando o ingreso voluntario ao período comprendido entre o 1 de outubro e o 7 de decembro, e para aqueles que teñan domiciliado o recibo o cargo realizarase o 7 de decembro.

Por último, na taxa pola ocupación de terreos de uso público con mercadorías, materiais de construción, entullos, vallas, estadas e outras instalacións análogas, deducirase a parte proporcional da taxa que corresponda aos períodos no que as obras non puideron ser realizadas.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.