Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Os portavoces dos diferentes partidos políticos representados no Concello de Ourense, convocados polo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, no pasado pleno extraordinario do xoves, 30 de abril, analizaron o borrador das bases para a concesión de axudas a autónomos, pemes e comercio, así coma outras cuestións relacionadas con medidas para a recuperación económica debido á situación de alarma pola COVID-19.

Na xunta, que contou coa presenza de Flora Moure (PP), Miguel Caride (Democracia Ourensana), Rafael Villarino (PSOE), José Aráujo (Ciudadanos), e Luís Seara (BNG), entregóuselles o borrador das bases de axudas, que será obxecto de estudo por parte dos grupos da oposición, para o que se convocou outra reunión o vindeiro venres 8 de maio, ás 9:30 horas no salón de plenos, coas pertinentes medidas de seguridade. Será nesa reunión na que os grupos da oposición trasladarán ao goberno as súas propostas.

Deste xeito, establécese para a xunta de portavoces unha orde do día na que se abordarán a concreción das bases de axudas a autónomos, co obxecto de proceder á súa aprobación canto antes e acurtar os prazos, así como analizar a listaxe das obras que se van realizar. Por último, tamén se abordarán todas aquelas propostas relacionadas co proceso de escalonamento da situación de alarma que afecta a varios sectores económicos, algúns deles cunha importante repercusión.

Tanto o goberno coma os grupos da oposición valoran positivamente que se celebren estas reunións, que queren pór enriba da mesa determinadas propostas de actuación para contribuír á recuperación económica, pero sen esquecer a necesidade de garantir a seguridade sanitaria da veciñanza.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.