Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense acordou que dende mañá, martes, 5 de maio, o paseo fluvial do Barbaña sexa de sentido único, polo que se procederá á colocación de valados e se lle recomenda aos cidadáns que utilicen para poder pasar dun lado a outro as pontes que se atopan moi próximas. Como norma xeral, deberase transitar deixando o río á esquerda. É dicir, se camiñamos cara ao pazo dos deportes Paco Paz, deberémolo facer pola marxe dereita; e se camiñamos desde alí cara ao Posío, pola esquerda, como se tratase dunha vía de tráfico.

O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, considera que se trata dunha medida para evitar aglomeracións, aínda que pon de manifesto que en Ourense “non existen aglomeracións coma noutras cidades”, ao esgrimir que “contamos con moitas zonas peonís e paseos fluviais, a diferencia doutras urbes, que si deben habilitar espazos para evitar aglomeracións”.

En canto ao Paseo das Ninfas, o rexedor entende que non se pode implantar nel a medida do paseo do Barbaña, toda vez que para cambiar de sentido débense percorrer polo menos 10 quilómetros, de aí que “non sexa viable o sentido único”. Pero máis aló destas medidas, o que lle recomenda o alcalde aos cidadáns é que se sigan as recomendacións que se concretan no Real Decreto de situación de alerta pola COVID-19, e dese xeito evitar unha concentración de persoas en determinadas zonas da cidade.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.