Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense dá un paso á fronte para ser máis eficiente nos servizos que lle presta á cidadanía e dotará a sala Valente, na rúa do Paseo, nun espazo “máis versátil e funcional”, en palabras do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome. Sen deixar de empregala como espazo expositivo, a sala Valente albergará tamén actividade administrativa no centro da cidade.

Entende o rexedor que os tres grandes centros expositivos de Ourense – o Museo Municipal, a sala Valente e o centro Marcos Valcárcel- están “infrautilizados” e non reciben o público que deberían. É por iso que, logo de conversas mantidas coa Deputación, a oferta cultural da sala Valente realizarase en conxunto co Marcos Valcárcel co obxectivo de “darlle un maior contido e atraer máis público”, segundo Pérez Jácome.

Así mesmo, anuncia unha ampliación de 100.000 euros na partida para contidos do Museo Municipal, de forma que se poida dotar de exposicións atraentes para o público local e para reforzalo como destino turístico.

En conclusión, a remodelación da Sala Valente en sala de usos diversos, tanto para exposicións como para edificio administrativo, é un gran avance na eficiencia dos servizos que o Concello presta para a cidadanía.

 

 

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.