O Concello de Ourense abrirá os cemiterios de titularidade municipal desde mañá, martes 12 de maio, polo que se poderá acudir aos camposantos de luns a domingo nos seguintes horarios: de 10:00 a 13:00 horas polas mañás, e de 16:30 a 19:30 horas polas tardes.
A concelleira de Política Social e Sanidade, Eugenia Díaz Abella, tamén lembra que o aforo será limitado, e estará regulado polo persoal do servizo municipal de cemiterios para acceder ás instalacións, que tomará as medidas de seguridade correspondentes, como que distancias deberán manter as persoas que os visiten durante o tempo que permanezan.
A responsable da área social pon de manifesto a necesidade de seguir as recomendación do persoal para “evitar riscos sanitarios innecesarios”, facendo fincapé no cumprimento dos horarios coma o acceso ao propio cemiterio.