Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, anuncia a intención de celebrar o vindeiro pleno da Corporación Municipal, que se traslada para o día 17 de xullo, na Deputación Provincial, por entender que “é moito máis operativo, ademais de cumprir coas normas establecidas pola situación sanitaria no que se refire ás distancias”.

A sesión plenaria, que se tiña que celebrar o primeiro venres de mes, co que a data sería o 3 de xullo, cambiouse para evitar celebrala en plena campaña das eleccións ao Parlamento de Galicia, como se acordou nunha xunta de portavoces, fixando a data do pleno para a semana seguinte aos comicios.

Neste senso, o alcalde quixo expresarlle o seu agradecemento ao presidente da institución provincial, Manuel Baltar, pola disposición de que o pleno do Concello de Ourense se celebre no salón de plenos da Deputación, amosando deste xeito a colaboración que existe. Deste xeito descártase volver ao Teatro Principal, no que se desenvolveu a última sesión plenaria.

Entende que se trata dunha decisión que está máis que xustificada, tanto no que se refire á “dispoñibilidade de espazo para todos os concelleiros que participarán no pleno”, debido á amplitude do salón, que permite cumprir con todas as medidas de seguridade, coas novas distancias que é preciso gardar. É por isto que despois de propoñerllo ao presidente da Deputación, o alcalde considera que non se terá que montar un operativo especial como se tivo que facer na sesión plenaria que se celebrou no Teatro Principal.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.