Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, confirma que durante o mandato reducirá un 40% o imposto municipal de vehículos de tracción mecánica, que non se poderá facer antes debido á incertiteza orzamentaria na era post-covid19, así coma o compromiso do goberno municipal na área social durante este ano 2020, ao aprobar 3 millóns de euros máis para poder facer fronte ás necesidade que existen e para axudar a todas as persoas en risco que se incrementaron a consecuencia da pandemia.

É por isto que este ano manterase a mesma taxa municipal de vehículos, explica o alcalde, para anunciar que a partir de xaneiro de 2021 empezarase a traballar dende o departamento de Facenda, que dirixe a concelleira Ana Fernández Morenza, na modificación do dito imposto de vehículos para levar a cabo esa rebaixa do 40%, para dese xeito implantala nos recibos posteriores á súa aprobación, fixando como previsión os dous últimos anos de mandato do goberno municipal.

Esa porcentaxe de redución que se aplicará é o máximo permitido pola lei, xa que supón eliminar o coeficiente do aumento que é á discreción de cada concello. Para indicar o rexedor que baixar o 40% o imposto no Concello de Ourense suporía ir ao mínimo posible que permitiría o Estado español, xa que é obrigatorio cobrar o mínimo fixado en toda España.

Neste sentido, Gonzalo Pérez Jácome, lembra que esta acción foi unha “reivindicación histórica” do grupo de Democracia Ourensana nos últimos anos, unida á baixada do 20% do Imposto de Bens e Inmobles (IBI) que xa se fixo efectiva nas negociacións que se levaron a cabo co grupo do Partido Popular no anterior mandato, e nas que participara de forma activa Fernández Morenza. O alcalde teno claro e considera a rebaixa do imposto de vehículos como “algo posible e fundamental”, xa que se trata dunha medida “que aumentará o censo municipal de Ourense cidade, por ser miles as persoas que están cesadas noutros municipios simplemente por ser o imposto de vehículos mais económico”.

O alcalde espera que esta baixada leve consigo “un retorno de censados, xa que está constatado pola estatística, que nos últimos 10 anos moitos ourensáns se empadroaron en concellos limítrofes para pagar menos polo seu coche ou flota de coches de empresa”. E indicar, como outra vantaxe da medida de rebaixa impulsada por Gonzalo Jácome, a de “recuperar poboación censal, polo que o Concello aumentará os ingresos do Estado español por habitante, o cal paliará a redución dos ingresos do imposto en si”, indica.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.