Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O servizo de regulación e ordenación do aparcamento de vehículos na vía pública (ORA) do Concello de Ourense ofrecerá desde este mes a posibilidade de pagar desde o teléfono móbil. Será a través dunha aplicación: Presto Parking, que a empresa concesionaria incorpora ao servizo, e estará á disposición das persoas que desexen realizar os pagos dun xeito máis cómodo. O novo sistema incorpora vantaxes como:

  • Pagar o importe exacto, sen ter a necesidade de buscar monedas de cambio e localizar parquímetros
  • Renovar tickets sen ter que volver fisicamente ao parquímetro
  • E-factura, fiscalmente deducible para as empresas
  • Recibir notificacións, ao vencer o ticket
  • Recibir avisos de denuncias
  • Pago seguro

Con estas novidades darase un servizo moito máis completo e cómodo aos cidadáns, como sinala o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen subliña a importancia de evitar molestias e incomodidades aos usuarios, como ter que meter monedas, dispoñer de cambio ou achegarse aos parquímetros para pagar ou sacar tickets.

O pago por teléfono móbil implementarse a través da aplicación Presto Parking, que se pode descargar desde Google Play, e App Store .

Os controladores do servizo municipal informará os usuarios desde pasado mañá, xoves das novidades, repartindo dípticos que explican como funciona a nova aplicación, que se comezará a implantar de forma experimental durante o presente mes de xullo.

Pasos para realizar o pagamento por teléfono

1. Abrir o navegador de Internet
2.Descargar a aplicación Presto Parking, desde GooglePlay o App Store
3.En login, introducir os datos da conta persoal (hai que rexistrarse con usuario e contrasinal), e confirmar que se desexa recibir avisos e permitir a localización
4.Introducir a matrícula do vehículo

Con isto, xa estará listo para activar tickets, seguindo 4 pasos:

  • Posicionarse sobre un mapa ata que o localizador esté na zona azul
  • Pulsar seguir
  • Seleccionar o tempo límite, entre o mínimo e o máximo
  • Aparcar

O sistema permite deter ou ampliar o tempo de estacionamento en calquera momento, de forma que o usuario só pagará o tempo real que permaneza o vehículo estacionado na zona azul

Tarifas

Os usuarios poden elixir entre dúas posibles tarifas

a. Tarifa Fair use. Inclúe 10 tickets ao mes sen custe de transacción, e 5 céntimos por ticket, a partir do ticket número 11

b. Tarifa Premium. Pagarán 0 euros por ticket e 1 euro cada mes por cada matrícula que utilicen

Tamén poderán activar servizos opcionais como o aviso de denuncias (1 euro por usuario) e o Aviso SMS (0,1 euros por SMS) -nesta opción ademais do aviso dentro da aplicación, o usuario recibirá un SMS 5 minutos antes de que venza o seu ticket.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.