Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O goberno do Concello de Ourense autorizou, en xunta de goberno local extraordinaria celebrada esta mañá, catro expedientes de modificación de crédito para diferentes partidas que suman 5.391.631 euros.A figura elixida é a de modificación de créditos, suplementos de crédito e créditos extraordinarios.

A modificación 10P, que suma 1.774.271 euros, será para afrontar achegas para xuntas de compensación (133.847 euros) e para a compra de diferentes terreos na cidade por parte de Urbanismo (1.640.424 euros), partidas que se achegarán desde remanentes de Tesouraría para gastos xerais.

A 11P será para repoñer facturas de anos anteriores do contrato de recollida de lixo e limpeza viaria, e supón 1.970.000 euros

A 12P, de 1.622.360 euros, está destinada a transferencias correntes e de capital do Consello Municipal de Deportes, seguindo co Plan de mellora das infraestruturas deportivas do Consello Municipal de Deportes, que inclúe a reforma dos Remedios, Vilar ou Polideportivo do Campo da Feira, obras en execución ou xa executadas.

A execución deste necesario Plan suporá un grande avance na remodelación de infraestruturas deportivas da cidade, sobre todo nos barrios, caso do campo de hóckey de Mariñamansa, o polideportivo Manuel Luís Acuña da Carballeira, adecuacións de vestiarios e instalacións auxiliares no campo de fútbol Monte da Aira, en Velle ou a reparación do campo de Santa Cruz de Arrabaldo e reforma das canchas exteriores do Pavillón dos Remedios Tamén se destinarán cartos para a reforma do ximnasio baixo a grada de Oira, e melloras en canchas de barrio deportivas da cidade.

Finalmente, o aumento en 25.000 euros do convenio que actualmente mantén o Concello con Cáritas Diocesana irá na conta 13P

Estes catro expedientes de modificación de crédito deberán aprobarse, xunto cos do pasado 23 de xullo -3 millóns de euros para actualizar o contrato do mantemento semafórico (1,1 millóns de euros), para o acondicionamento e mellora dos edificios municipais (734.294 euros) e para un plan de informatización que renove os equipos de traballo do persoal do Concello (672.825), entre outros conceptos-, no pleno do vindeiro 24 de agosto.

Delegación de competencias

A xunta de goberno deu conta, ademais, da delegación das competencias do programa GeoAtlantic -até o de agora residían na Alcaldía- en Jorge Pumar, tenente de alcalde e concelleiro delegado da Área de Medio Ambiente, Perímetro Rural e Cooperación Institucional.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.