Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O grupo de goberno do Concello de Ourense valorará nos vindeiros días a posibilidade de habilitar un espazo de aproveitamento termal no soto do edificio da Praza de Abastos número 1 que se está a rehabilitar, que consistiría na ubicación dunha piscina, como puxo de manifesto hoxe o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, despois dunha xuntanza con técnicos municipais e da empresa adxudicataria das obras de rehabilitación do edificio. Neste senso, o rexedor puxo de manifesto que se trata “dunha idea que iría en contraposición coa orixinal de implantar nesa zona un supermercado”, poñendo en valor a posibilidade que se formula “como un espazo termal monumental e algo espectacular, que se pode dicir que sería único en toda España”.

En canto á opción de que se proxecte o que sería unha piscina termal interior, Gonzalo Jácome dixo que a súa viabilidade viría avalada polos informes tanto dos técnicos municipais como da empresa adxudicataria da obra de rehabilitación, despois de analizar as posibilidades, e unha vez que se levaron a cabo os traballos iniciais de baleirado do inmoble, compartindo, deese xeito, a esencia de mercado, contando con dúas plantas para a venda de produtos frescos, como ata que se aprobou o proxecto de rehabilitación, así como un entrechán que estaría adicado á gastronomía, cun concepto de restauración sustentada en produtos que se atoparán á venda no novo edificio.

Por outra banda, e no que se refire ao desenvolvemento da obra, o alcalde sinala que iso suporía unha modificación do actual proxecto, pero, iso sí, “mantendo os prazos de execución previstos”, con retrasos derivados pola COVID-19 e a ocupación ilegal de persoas de varios espazos do inmoble, e sen que isto supusexe un incremento económico do que inicialmente se fixara.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.