Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

As xuntas de área do Concello de Ourense retomará a súa actividade esta semana. Será, concretamente o xoves, día 19 de novembro, cando se celebrarán as 5 xuntas de área, unha cada hora, desde as 9:00 horas, nas que participarán os representantes dos diferentes grupos políticos municipais. Aínda que as xuntas de área reuniranse habitualmente os martes, dúas veces cada mes, esta semana o farán o xoves 19 de novembro, para non coincidir coa celebración do debate sobre o estado da provincia da Deputación Provincial de Ourense.

A xunta de área de Urbanismo, Infraestruturas, Medio Ambiente e Cultura, que presidirá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, terá lugar no salón de plenos do Concello. As outras catro serán na Sala Valente (antigo edificio do Banco de España):

  • 9:00 horas. Sala Valente. Xunta de área de Participación Cidadá, Turismo e Termalismo, presidida polo concelleiro Telmo Ucha.
  • 10:00 horas. Sala Valente. Xunta de área de Política Social, Igualdade, Sanidade, Xuventude e Voluntariado, presidida Por Telmo Ucha.
  • 11:00 horas. Sala Valente. Xunta de área de Educación, Promoción económica, Facenda e Contratación e Persoal, presidida por Armando Ojea.
  • 12:00 horas. Salón de Plenos. Xunta de área de Urbanismo, Infraestruturas, Medio Ambiente e Cultura, presidida polo alcalde.
  • 13:00 horas. Sala Valente. Xunta de área de Comercio, Servizos Xerais e Seguridade Cidadá, presidida por Telmo Ucha.

As xuntas de área constitúense ao abeiro do Regulamento orgánico do Concello, que establece no seu artigo número 121 que “dentro de cada área, e referido a materias que non sexan exclusivas do Pleno, o alcalde ou concelleiro en quen delegue poderá convocar reunións con carácter periódico, que se denominarán Xuntas de Área, das que formarán parte todos os grupos políticos de acordo coa súa representación proporcional no Concello, e que terán por obxecto dar conta do funcionamento ordinario da área”.

Nas cinco xuntas de área tamén participarán senllos representantes das federacións de asociacións veciñais de Ourense, Limiar e Miño, incorporando a cada xunta de área as persoas que estes colectivos propuxeron.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.