Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense renovará o parque móbil da Policía Local coa adquisición de 14 vehículos e o do servizo de Extinción de Incendios cun novo furgón e un vehículo forestal autobomba. A xunta de goberno local avanzou na súa sesión desta mañá na adxudicación destes contratos, ao aprobar a ordenación decreciente das ofertas que diferentes empresas lle realizaron o Concello para estas subministracións.

Os 14 vehículos para a Policía Local teñen como finalidade “finiquitar dunha vez por todas o precario estado da flota, na que se atopan vehículos de até 30 anos de antigüidade”, sinala o concelleiro de Seguridade Cidadá, Telmo Ucha, quen pon en valor a importancia da adquisición de 14 unidades xa que, explica, “equivale á realizada nos últimos 15 anos polo Concello para este servizo”. Para os bombeiros adquírense un furgón e un vehículo forestal autobomba, que eran “moi necesarios” e requiridos desde este servizo municipal. Telmo Ucha avanza que a mellora de recursos para Policía Local e Bombeiros continuará proximamente, e que o goberno municipal estudia crear unha mesa de compras para determinar as necesidades de maior prioridade para estes servizos. Tamén se acometerá a mellora do propio edificio do Parque de Bombeiros, con fondos de UNESPA.

Na mesma sesión, aprobouse o calendario para a negociación colectiva pactado coas centrais sindicais. Explica o concelleiro Armando Ojea que “é sabido que o Concello arrastra problemas de persoal dese hai bastantes anos. É imposible resolvelos todos dunha vez xa que son moitos e moi complexos, e o que aprobamos é ratificar un acordo cos sindicatos para establecer un calendario de negociación colectiva, cun cronograma e unha asignación de prioridades”, ao longo de 2020 e 2021, co obxectivo de “dar solución á maior parte dos problemas que se veñen arrastrando”.

A xunta de goberno aprobou en total esta mañá 11 asuntos presentados polas diferentes áreas municipais:

SERVIZO DE LICENZAS URBANÍSTICAS, DE ACTIVIDADE, APERTURA E DISCIPLINA (3)

Concedéronse 3 licenzas para:
- proxecto de reforma interior e de fachadas dunha vivenda unifamiliar na rúa Freire Carril de Seixalbo,
- proxecto básico e de execución de obras complementarias para a mellora da accesibilidade do portal dun inmoble na rúa Peña Trevinca
- proxecto básico e de execución para instalación dun ascensor nun edificio de vivendas na Avenida da Habana

SERVIZO DE PLANEAMENTO, XESTIÓN URBANÍSTICA E PATRIMONIO (1)

- Nomear como representante municipal nos órganos de goberno das entidades urbanísticas colaboradoras no Concello de Ourense ao Xefe do Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística e como suplente ao Xefe do Departamento Xurídico de Planeamento e Xestión.

SERVIZO DE CONTRATACIÓN (3)

- Ordenación decrecente das ofertas presentadas para a contratación da subministración en lotes de catorce vehículos destinados á Policía local. Unha vez recibidas as ofertas, e de acordo cos criterios de adxudicación, se lles require ás empresas que presentaron as mellores ofertas para que no prazo de 10 días presenten a documentación necesaria para completar a adxudicación. Para o lote 1 é a empresa Uniqe Executive Coaches S.L, para o Lote 2: Next Motorbike SL, para o Lote 3: Uniqe Executive Coaches SL, e para o Lote 4: Talleres Rodosa SL

- Ordenación decrecente das ofertas presentadas para a contratación da subministración dun vehículo furgón con remolque para o Servizo de extinción de incendios e salvamentos do Concello. Neste caso, a mellor oferta foi a de Flomeyca SA e se lle require para que presente, no prazo de 10 días, a documentación para completar a adxudicación.

- Ordenación decrecente das ofertas para a subministración dun vehículo forestal autobomba pesada para o servizo de extinción de incendios. Neste caso, a mellor oferta é ade Incipresa SAU, á que se lle require para que presente a documentación paera completar a adxudicación.

- Rectificación de erros na aprobación do expediente para contratar a subministración por lotes de combustible para o Concello de Ourense. Neste caos, para precisar o importe anual de cada un dos 2 lotes.

ASUNTOS SOCIAIS (1)

Reaxuste de anualidades do gasto plurianual do contrato do servizo de axuda no fogar do Concello, para adeucalo á data de inicio das prestacións. O contrato fóralle adxudicado o 25 de setembro de 2020 a Samaín Servizos á Comunidade, por un prezo unitario de 16,99 €/hora, máis 0,68 € en concepto de IVE, por un total de 17,67 €/hora,

PERSOAL E RECURSOS HUMANOS (1)
Ratificación do acordo da Mesa Xeral de Negociación de 20 de novembro de 2020 para o establecemento dun calendario de negociación colectiva para a adopción de medidas urxentes en materia de recursos humanos no Concello de Ourense.

A xunta local aproba a apertura dun proceso de negociación colectiva, co obxectivo de acadar a curto ou medio prazo acordos para adoptar medidas urxentes de reordenación, planificación e xestión dos recursos humanos municipais do Concello e Consello Municipal de Deportes.

Defínense 4 fases, que se estenderán até finais de 2021, coas súas respectivas materias de negociación. A primeira delas, desde o actual mes de decembro, inclúe:

a) o proxecto de ordenanza reguladora do teletraballo,
b) a actualización das bases xerais reguladoras dos procesos de selección de persoal funcionario interino ou laboral temporal.
c) a modificación da RPT vixente para a inclusión dos postos de traballo correspondentes a persoal laboral indefinido non fixo declarado por sentenza,
d) a modificación da RPT vixente para a determinación da modalidade de concurso (ordinario ou específico) aplicable a cada posto e
e) o proxecto de ordenanza de clasificación e provisión de postos de traballo.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.