Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, valorou moi positivamente esta mañá a licitación, por parte da Xunta de Galicia, da redacción do proxecto de construción dun novo aparcadoiro para turismos que se emprazará na futura estación intermodal de Ourense, no barrio da Ponte. O Diario oficial de Galicia publica esta mañá a licitación do contrato, que ten un orzamento de 90.921 euros e un prazo de execución de 6 meses.

“Con esta licitación damos un paso adiante nunha actuación estratéxica para a nosa cidade, como é a construción da futura estación intermodal de Ourense”, subliñou Jesús Vázquez, quen lembra que esta actuación enmárcase no proxecto da nova estación intermodal que integrará a nova terminal de autobuses na de ferrocarril. “Unha obra que confiamos en que comece xa no próximo ano 2017, como prevé a Xunta de Galicia nos seus orzamentos”, dixo.

A este respecto, o alcalde de Ourense apunta que “desde un primeiro momento, Concello e Xunta marcámonos o obxectivo de que a futura estación do tren de alta velocidade fose un foco de intermodalidade, dotado de todas as infraestruturas e servizos necesarios para os nosos cidadáns, e que ademais será un referente da nosa cidade”.

Publicación no Diario Oficial de Galicia

A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica publica no DOG de hoxe a resolución de 30 de novembro de 2016, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e tramitación anticipada, para a contratación do servizo para a redacción do proxecto básico e de execución do novo aparcadoiro para turismos integrado na estación intermodal de Ourense, co-financiada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

As empresas interesadas poden presentar as súas propostas durante 15 días para optar a este contrato, que se adxudicará polo procedemento aberto. O prazo de execución é de 6 meses, e o importe de licitación de 90.921,12 euros. Os orzamentos da Xunta contemplan 370.000 euros para avanzar no desenvolvemento desta infraestruturas da futura estación intermodal.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.