Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense vén de presentar a nova imaxe da web municipal ourense.gal é mais útil, máis sinxela, práctica, accesible e transparente coa mellora do deseño presentado hoxe. “A antiga web databa de 2004, e precisaba unha nova imaxe xa que o xestor de contidos estaba certamente obsoleto e dificultaba a actualización de contidos que unha cidade como esta precisa”, explicaba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. “Con esta nova ferramenta, a web pode manterse actualizada polos diferentes departamentos municipais sen maior problema”, dixo.

O deseño inaugura tamén un lugar de encontro entre o Concello e a cidadanía, permitíndolle a esta estar ao día de toda a actualidade municipal. Desta forma, perséguese un dobre obxectivo, en palabras do concelleiro Jorge Pumar, responsable da área de Sistemas de Información: “mellorar a nosa comunicación e gañar en coherencia e efectividade”.

O desenvolvemento da nova Ourense.gal ascendeu a 6.060 € (IVE engadida), e inclúe melloras ou novidades coma que grande parte das seccións dse presentan en formato blog, con apertura ás novas canles sociais -o que permitirá unha maior difusión para a cidadanía, así como a posibilidade de compartir a información-; inclúese a xeolocalización con Google Maps daqueles servizos municipais para que os cidadáns os poidan localizar facilmente; haberá unha sección para estar ao día do que fai o alcalde cunha Axenda institucional, pero tamén un O alcalde responde, grazas ao que establece unha vía de comunicación directa para coa veciñanza. Pero tamén haberá espazo plural de difusión: os Grupos municipais poderán informar á cidadanía da actualidade relativa á súa axenda municipal.

Facilitarlle o acceso aos usuarios independentemente da súa condición física o do lugar onde se atopen; permitir o acceso con diferentes navegadores e a través do teléfono móbil, contidos claros ben estruturados e, por riba de todo, mellora da navegación e da experiencia do usuario son outras das melloras desta web que estará aloxada nos servidores municipais e desenvolvida con software libre, o que fai que non estea suxeita a custes de alugueres de servidor nin licenzas de programas.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.