Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu ao reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa Roger, e a vicerrectora do Campus de Ourense, María Esther de Blas, para abordar diversos asuntos. Ambos, amosáronse satisfeitos pola posta en marcha do novo Grao en Intelixencia Artificial, así como o Mestrado en Intelixencia Artificial, que se comezará a ofertar a partir do curso 2022/2023 en Ourense.

O novo Grao en Intelixencia Artificial contará con 50 prazas e o Mestrado en Intelixencia Artificial con 20. O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, anunciou que tamén haberá máis prazas no Grao de Enxeñería Informática, o cal “é unha boa nova para o Campus”. Por esta razón, dende a Universidade de Vigo demándase “espazos para poder medrar”. “Estas novas titulacións, de Grao e Mestrado, tamén nos obrigan a contar con algún edificio adicional”, manifestou o reitor.

Ao tempo, Concello de Ourense e Universidade de Vigo manteñen o compromiso de colaboración no ámbito da investigación en Intelixencia Artificial, cedendo espazos no edificio de La Molinera.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, manifestou a súa intención de “manter un campus forte en Ourense, porque iso fortalece a cidade, é vital.” O Concello de Ourense buscará sinerxías, tanto colaborando coa Universidade a través do Centro de Intelixencia Artificial como contribuíndo na procura de terreos para facilitar o crecemento do Campus, para facer futuros edificios.

Para o alcalde de Ourense, apostar polo crecemento da Universidade é “unha situación de win-win, onde todos gañamos, xa que se beneficia a Universidade e a cidade de Ourense”.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.