Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense pon en marcha unha nova edición do programa de actividades de lecer para a mocidade Ociourense Xove. No seu sétimo ano, porá a disposición de mozos e mozas de entre 14 e 30 anos de idade un total de 18 actividades saudables para o seu tempo de lecer. Será durante as fins de semana dos meses de abril, maio e xuño, e incluirá campos tan diversos como o deporte, a música, a fotografía, o baile, o cinema ou a cociña, entre outras. Todo cunha oferta de doado acceso e moi diversificada para encaixar con posibles afeccións e adecuada aos momentos de venres e sábado.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, acompañado polas técnicas das concellerías de Sanidade e Xuventude, presentou Ociourense Xove 2017, “unha garantía de tempo adicado a bos hábitos e a fomentar o lecer saudable”. O alcalde subliñou a aposta municipal por este programa, que este ano é financiado integramente polo Concello, que pasa de destinar 20.000 a 30.000 euros, por parte das concellerías de Sanidade e Xuventude.

As persoas interesadas pdoen inscribirse desde hoxe mesmo a través da páxina web www.ociourense.es

18 actividades para todos os gustos

Ociourense 2017 innova tamén nos seus contidos, para achegar propostas cada vez máis atractivas á cidadanía. Este ano as novidades serán Iniciación ao running, Ourengym nos parques, Defensa persoal e Video DJ. C

Con estas actividades o programa municipal prevé acadar a participación de ao redor de 1000 mozos e mozas.As actividades son: Camiñar na noite, Ourengym nos parques, Cócteles sen alcol, Inicio Running, Baile Urbano, Defensa persoal, Nutri-receitas, Foto en ruta, Andaina sen fume, DJ+Visuais, Caza foto, Piragüismo, Escalada e Buceo.Ademais, coa colaboración de Cine Clube Padre Feijóo, realizaranse 5 proxeccións de cine ao aire libre, que se desenvolverán pola noite nas Burgas e a Praza Maior.

Máis información

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.