Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O centro de coñecemento de La Molinera celebra o 20 de abril a última das conferencias do Obradoiro de Argumentación e Debate a cargo de Aida González, e xa adianta o programa dos seus #xovesinspiradores para o vindeiro mes: a empregabilidade xuvenil a través da creatividade. A partir do 27 de abril, todos os xoves de 18:30 a 20:30 horas, 20 mozos terán a posibilidade de mellorar as súas competencias para atopar emprego a través dos consellos de Patricia Vázquez e Alba Moretón.

 

As charlas, destinadas a todas aquelas persoas en procura activa de emprego ou de mellora laboral -principalmente menores de 35 anos-, pretenden incidir en competencias concretas, coma a marca persoal, a técnica do elevator pitch e os recursos de procura activa de emprego a través das novas tecnoloxías. O traballo desenvolverase nun formato de obradoiro pílula formativa: En cada unha das sesións abordarase unha temática concreta que, ao mesmo tempo, garda coherencia e continuidade. E sempre desde unha perspectiva pedagóxica, proactiva e de carácter participativo, tanto a nivel individual como a nivel de grupo.

Os obxectivos, identificar as características que nos fan diferentes; preparar un discurso de presentación eficaz; coñecer os recursos necesarios para realizar a procura de emprego; e dar a coñecer os diferentes usos do móbil nos procesos de procura. Ademais, unha parte esencial da metodoloxía é a participación do tecido empresarial co obxectivo de realizar achegas desde a súa propia visión. Contarase, así, coa colaboración dun empresario na sesión de marca persoal e con outro en elevator pitch.

Calendario:

  • 27 de abril. Patricia Vázquez e Alba Moretón.
  • 4 de maio. Patricia Vázquez e Alba Moretón.
  • 11 de maio. Patricia Vázquez.
  • 18 de maio. Alba Moretón.

Inscribirse é gratuíto, a partir do venres 21 de abril, na páxina web de La Molinera

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.