Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Centro de Intelixencia Artificial do Concello de Ourense reinicia os seminarios do seu programa "Os venres con IA", en colaboración coa UNED. Esta segunda edición contará con oito relatorios, que se emitirán a través da canle de vídeos [Enlace] ás 12:00 horas, estando abertas a todo o público que desexe seguir estas charlas. O primeiro relatorio será este venres, 5 de marzo: "Extracción de Información no dominio médico", a cargo da catedrática doutora Lourdes Araujo Serna.

Nesta presentación percorreranse algunhas das moitas aplicacións que teñen as técnicas de Procesamento de Linguaxe Natural para mellorar os procesos de obtención de información no dominio médico. Estes procesos van desde a recompilación e cruzamento de información de distintas fontes á axuda ao diagnóstico, pasando pola mellora da comunicación a distintos niveis. Imos ver tamén que técnicas están a utilizarse nestas aplicacións e cales son as vantaxes e desvantaxes dos distintos enfoques. Para rematar o relatorio, revisaranse algúns dos retos máis importantes na área.

O programa continuará, semanalmente, até o 7 de maio:

  • 12 de marzo - David Moreno Salinas, "Intelixencia artificial e ciencia de datos para a identificación e modelado de vehículos autónomos"

  • 26 de marzo - Ángeles Manjarrés, "Intelixencia Artificial e Axenda 2030"

  • 9 de abril - Andrés Duque Fernández, "Evolución histórica, aproximacións actuais e desafíos abertos"

  • 16 de abril - Enrique Carmona, “Algoritmos evolutivos e as súas aplicacións”

  • 23 de abril - Ana García Serrano, "Procesamento da linguaxe natural nas humanidades dixitais"

  • 30 de abril - J. L. Aznarte, “A predición automática de indicadores COVID con intelixencia artificial"

  • 7 de maio - Olga Santos, “Intelixencia Artificial no Deporte"

Toda a información, en www.intelixencia-artificial.ourense.gal

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.