Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Museo Municipal acolleu o acto de presentación da campaña de promoción turística de Outono 2017, financiada con cargo ao convenio de promoción turística do Concello de Ourense coa Xunta de Galicia. Desenvolverase fundamentamente en medios online sobre dous eixos, gráfico e audiovisual, con publicidade nas principais redes sociais (Youtube, Facebook, Instagram), as principais plataformas de televisión online en España (Mitele e A3Player) e magazines online especializados.

O slogan "Ourense, un plan perfecto" serve de novo para presentar o noso destino turístico ante o mercado nacional, cunha campaña en medios online que se desenvolverá en mercados de proximidade, en concreto: Madrid, Castela-León, País Vasco, Asturias e Galicia.

Nesta ocasión Ourense fai fincapé na súa oferta comercial como atractivo complementario a todo o que a cidade ofrece ao visitante: cultura, gastronomía, patrimonio e, por suposto as augas termais, recurso diferenciador e que nos identifica como destino na península, a Capital Termal de Galicia, unha identidade que esta campaña busca tamén reforzar. A conxunción destes elementos fai de Ourense un destino multiexperiencial, novo e familiar, ideal para estancias longas ou escapadas, un verdadeiro plan perfecto.

Material audiovisual

A campaña céntraa, como material audiovisual, un vídeo sobre a oferta comercial de Ourense conducido pola presentadora e influencer Laura Opazo, na que a modo de guía de compras faise un percorrido por unha selección de establecementos singulares da cidade. Un traballo de branded content de calidade conducido por unha figura de prestixio nacional que pretende ter unha utilidade práctica para o potencial visitante, mostrándolle unha mostra de establecementos únicos, de calidade e representativos da oferta comercial que atopará no destino.

O alcalde, Jesús Vázquez, sinala que "temos claro que Ourense é un plan perfecto. E que esa perfección do moito que Ourense ten que ofrecer sublímase en outono, esa época do ano na que a nosa cidade amosa todo o seu potencial gastronómico, cultural, patrimonial e, como non, de compras. Porque o Comercio Local de Ourense é un dos recursos máis sobresaíntes no haber de atractivos que ten a Capital Termal de Galicia". Ademáis, pertinencia de facer unha campaña de promoción turística co foco posto nas compras está relacionado tamén co programa dos Trens Turísticos de Galicia, que nesta edición inaugura a primeira ruta á Ourense cidade, o tren "Ourense termal e de compras" que chegará a Ourense os días 7 e 21 de outubro e que combina ambos atractivos.

Turismo de Ourense lanza de novo a súa campaña a comezos de outono: un momento estratéxico xa que permite establecer unha promoción previa e introductoria da campaña de Nadal á vez que coincide cun un período de gran actividade na cidade, con numerosas citas de interese turístico como son o Festival Internacional de Cinema, os magostos, a FITO, etc.

A campaña otoñal permite dar continuidade ao destino, aproveitando o impacto logrado durante o período estival (onde moitos turistas da península achegáronse por primeira vez a Ourense) e mantendo o interese ata decembro, onde xa entronca coas accións de promoción encadradas nas vacacións de Nadal. Unha campaña que recolle o espírito de que "o verán continúa en Ourense", un destino desestacionalizado ideal para calquera época do ano.

A campaña desenvolverase fundamentamente en medios online sobre dous eixos, gráfico e audiovisual, con publicidade nas principais redes sociais (Youtube, Facebook, Instagram), as principais plataformas de televisión online en España (Mitele e A3Player) e magazines online especializados.

No acto presentáronse os materiais de difusión:

  • Vídeo sobre a oferta comercial de Ourense conducido pola presentadora e influencer Laura Opazo, na que a modo de guía de compras faise un percorrido por unha selección de establecementos singulares da cidade. Un traballo de branded content de calidade conducido por unha figura de prestixio nacional que pretende ter unha utilidade práctica para o potencial visitante, mostrándolle unha mostra de establecementos únicos, de calidade e representativos da oferta comercial que atopará no destino. O vídeo ten unha duración de 10 minutos e percorre 5 establecementos de Ourense para acabar cun baño nas termas. Conta cun teaser de 20'' ideal para a súa distribución online.
  • Creatividade gráfica para publicidade display (banners), cartelería, etc, deseñada por Pablo Álvarez, da axencia ourensá BE:DO creativos, que profunda na capitalidade termal de Ourense, un destino definido pola experiencia termal pero tamén urbano, onde gozar da arquitectura, a cultura, a gastronomía e, por suposto, do relax e benestar que achegan as súas instalacións termais. Os seus protagonistas son unha parella nova con fillos, para dar continuidade á campaña de outono 2016.

O acto estivo dirixido aos representantes das asociacións comerciais da cidade. De forma previa, xa se contactara con eles para que remitisen información sobre os seus asociados, actividades, etc. que se incluirá na páxina web turismodeourense.gal, que un ano máis volve ser o espazo de referencia dunha campaña que se desenvolverá a través de internet.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

1. Os datos biográficos do Alcalde e das/os concelleiras/os do Concello.

2. Axenda institucional do alcalde.

3. Gastos de viaxe do Alcalde e dos demais cargos electos do Concello.

4. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense e relación dos cargo (postos) de confianza ou Persoal eventual, e o importe das súas retribucións.

5. Datos básicos dos órganos descentralizados, entes instrumentais e sociedades municipais:Consello Municipal de Deportes (CMD).

6. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Consello Municipal de Deportes

7. Retribucións percibidas por altos cargos do Concello

8. Rexistro de Intereses de Actividades e Bens dos Altos cargos do Concello

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

9.  Planes e programas anuais e plurianuais municipais.

10. Organización Municipal.

11. Xestión, conservación e eliminación de documentos e arquivos do Concello.

12. Relación de inmobles propios (pdf) e Relación de inmobles en réxime de arrendamento (pdf)

13. Relación dos vehículos oficiais (propios ou en réxime de aluguer) adscritos ao Concello de Ourense (pdf)

14. Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ourense (pdf)

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

15. Código ético de bo goberno.

16. Ordes do día previas aos plenos municipais.

17. Actas dos plenos municipais.

18. Acordos da Xunta de Goberno.

19. Vídeos das sesións dos plenos municipais.

20. Resolucións xudiciais que afectan ao Concello

21. Resolucións de autorización ou recoñecemento da compatibilidade e as autorizacións de exercicio de actividade privada altos cargos (pdf)

  CONTRATACIÓNS:

48. Contratos (non incluídos os contratos menores) realizados polo Concello.

49. Contratos menores realizados polo Concello.

50. Modificación dos contratos realizados polo Concello.

51. Composición, forma de designación e convocatorias das mesas de contratación (pdf)

52. Actas das mesas de contratación.

53. Datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario dos Contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.

54. Informe explícito da publicación dos contratos na Plataforma de Contratación do Sector Público (PCSP)

 

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

55. Relación de convenios e encomendas de xestión subscritos (pdf)

56. Relación de subvencións e axudas públicas concedidas polo Concello (pdf)

57. Asignacións económicas que se conceden a cada un dos Grupos políticos municipais.

 

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

58. Lista de provedores, adxudicatarios e contratistas máis importantes do Concello (pdf)

59. Información sobre o Custo efectivo dos servizos prestados polo Concello.

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

72. Existe na Web Municipal un espazo destacado para difundir o procedemento administrativo do Dereito de acceso á información.

73. Información sobre o procedemento administrativo presencial para exercer o dereito de acceso á información.

74. Formulario de solicitude de acceso á información pública.

75. A canle electrónica de solicitudes de acceso á información pública permite diversos tipos de identificación, sen ser necesario o uso de certificados dixitais o a achega de datos fiscais.

76. Informe de que a canle de solicitude de acceso á información pública permite o seguimento da tramitación por parte do interesado.

77. Formulación de queixas e suxestións en relación co Acceso á información.

 

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.