Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Ourense, 14 de xullo de 2018.

Vén de Galicia ou Madrid, visita por primeira vez Ourense e pasa unha media de día e medio na nosa cidade. É o perfil medio do turista que se achega á Oficina de Turismo do Concello de Ourense en busca de información ao longo do primeiro semestre de 2018.

Entre xaneiro e xuño visitaron a nosa cidade 9.908 turistas, dos que 7.983 foron españois e 1.925 estranxeiros. En xaneiro a Oficina de Turismo atendeu a 668 persoas, mentres que en xuño foron 2.123, o que supón unha variación do 217%. No caso de turistas estranxeiros a diferenza de visitantes entre ambos meses foi aínda maior: un 353% (122 en xaneiro e 553 no pasado mes).

Para o alcalde Jesús Vázquez, as cifras reflicten que “Ourense estase a converter nun destino cada vez máis atractivo tanto para o turismo nacional como internacional”.

“Ourense está chamada a converterse na gran porta de entrada a Galicia, tal e como demostra o aumento de visitantes de España e, cada vez máis, de fóra das nosas fronteiras”, apunta o rexedor. Nesta liña considera que as sucesivas campañas en distintos puntos de España e en citas turísticas coma Fitur ou a International Mayor's Forum on Tourism de China “están a demostrar que existe un enorme interese pola oferta única da nosa cidade, unha marabillosa combinación de patrimonio artístico, termalismo e gastronomía”.

O concelleiro de Termalismo Jorge Pumar coincide en que os datos “veñen confirmar que as campañas de promoción e de difusión de Ourense coma destino turístico foron acertadas e están a dar resultados reais”.

Así mesmo, o edil salientou o crecemento sostido do turista internacional, atraído pola presenza de Ourense no Camiño de Santiago e os seus recursos termais “ben coñecidos e valorados en toda Europa”. Un incremento, apunta “que proporcionalmente é superior ao do turista nacional e, por iso, estratéxico: xa que se trata dun turista de calidade, que gasta máis e que supón, en termos de recoñecemento internacional, a mellor das promocións no exterior”.

Os datos manexados pola dependencia municipal situada nos Xardíns do Padre Feijóo, revelan que ao longo dos seis primeiros meses de ano se achegaron até estas instalacións un total de 12.775 persoas.

O 77,5% desta cifra (9.908 persoas) confirmaron que a súa estadía na nosa cidade respondeu a motivos turísticos. Deste número, o 6% (603 persoas) foron peregrinos que chegaron a través da Vía da Prata do Camiño de Santiago.

As outras 2.867 persoas (22,5%) acudiron en busca de información diversa: enderezos e actividades concretas, coma festivais culturais ou musicais.

A media mensual de turistas nos primeiros seis meses de ano foi de 1.651 persoas, se ben o número real foi aumentando de forma gradual dende xaneiro, no que se produciron 668 visitas, até alcanzar os 2.123 visitantes no pasado mes de xuño.

Este mesmo mes tamén revelou un importante incremento no número de persoas que se achegaron até esta instalación municipal por outros motivos. Así, a cifra disparouse dende a media mensual de 334 casos até 1.194. O principal motivo foi o aumento de consultas relacionadas coas Festas de Ourense.

O turismo nacional, o que máis visita Ourense.

Os turistas galegos e madrileños son os que máis visitan a nosa cidade. Así o revelan os datos da Oficina Municipal de Turismo, que sinalan que un 80,5% (7.983) proceden de España.

Desta cifra, o 21% (2.081 persoas) chegaron á cidade das Burgas dende a nosa comunidade autónoma, especialmente de A Coruña (1.040) e de Pontevedra (739); mentres que un 16,64% (1.649) fixérono dende Madrid e un 13,1% (1.298 persoas) dende a comunidade de Castela e León.

O turismo estranxeiro tamén se incrementou ao longo do ano. Entre xaneiro e xuño, o número de visitantes procedentes doutros países incrementouse un 353% (122 en xaneiro e 553 no pasado mes).

Por países, Francia (327), Portugal (304) e Alemaña (216) foron as principais orixes dos nosos turistas europeos, aínda que se rexistraron visitantes chegados dende 31 países.

Arxentina (190 persoas) e Estados Unidos (168) concentran o turismo chegado dende o continente americano, de onde chegaron visitantes dun total de 22 países.

Ademais recibíronse turistas dende outros 25 países do mundo. Algúns tan lonxanos coma Australia (25), China (11), Xapón (14) ou Dubai (5).

Os datos tamén revelan que un 79% dos nosos turistas (7.849) visitaron a nosa cidade por primeira vez; que un 54,5% realizaron unha estancia dun día, un 22,5% de dous días e un 23% de tres.

Peregrinos do Camiño de Santiago

Por outra banda, a Oficina Municipal de Turismo tamén recolleu datos dos peregrinos que se achegaron ás súas instalacións no primeiro semestre de ano: un total de 603 persoas.

O perfil medio foi o dunha persoa chegada dende o continente europeo, especialmente Francia , de onde procede o 20,2% de todos os peregrinos rexistrados. Por lugar de orixe o maior número de persoas que chegaron a través do Camiño de Santiago procedían de Francia (122), Estados Unidos (67) e Alemaña (55), aínda que se rexistraron peregrinos dun total de 26 países.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

1. Os datos biográficos do Alcalde e das/os concelleiras/os do Concello.

2. Axenda institucional do alcalde.

3. Gastos de viaxe do Alcalde e dos demais cargos electos do Concello.

4. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense e relación dos cargo (postos) de confianza ou Persoal eventual, e o importe das súas retribucións.

5. Datos básicos dos órganos descentralizados, entes instrumentais e sociedades municipais:Consello Municipal de Deportes (CMD).

6. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Consello Municipal de Deportes

7. Retribucións percibidas por altos cargos do Concello

8. Rexistro de Intereses de Actividades e Bens dos Altos cargos do Concello

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

9.  Planes e programas anuais e plurianuais municipais.

10. Organización Municipal.

11. Xestión, conservación e eliminación de documentos e arquivos do Concello.

12. Relación de inmobles propios (pdf) e Relación de inmobles en réxime de arrendamento (pdf)

13. Relación dos vehículos oficiais (propios ou en réxime de aluguer) adscritos ao Concello de Ourense (pdf)

14. Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ourense (pdf)

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

15. Código ético de bo goberno.

16. Ordes do día previas aos plenos municipais.

17. Actas dos plenos municipais.

18. Acordos da Xunta de Goberno.

19. Vídeos das sesións dos plenos municipais.

20. Resolucións xudiciais que afectan ao Concello

21. Resolucións de autorización ou recoñecemento da compatibilidade e as autorizacións de exercicio de actividade privada altos cargos (pdf)

  CONTRATACIÓNS:

48. Contratos (non incluídos os contratos menores) realizados polo Concello.

49. Contratos menores realizados polo Concello.

50. Modificación dos contratos realizados polo Concello.

51. Composición, forma de designación e convocatorias das mesas de contratación (pdf)

52. Actas das mesas de contratación.

53. Datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario dos Contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.

54. Informe explícito da publicación dos contratos na Plataforma de Contratación do Sector Público (PCSP)

 

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

55. Relación de convenios e encomendas de xestión subscritos (pdf)

56. Relación de subvencións e axudas públicas concedidas polo Concello (pdf)

57. Asignacións económicas que se conceden a cada un dos Grupos políticos municipais.

 

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

58. Lista de provedores, adxudicatarios e contratistas máis importantes do Concello (pdf)

59. Información sobre o Custo efectivo dos servizos prestados polo Concello.

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

72. Existe na Web Municipal un espazo destacado para difundir o procedemento administrativo do Dereito de acceso á información.

73. Información sobre o procedemento administrativo presencial para exercer o dereito de acceso á información.

74. Formulario de solicitude de acceso á información pública.

75. A canle electrónica de solicitudes de acceso á información pública permite diversos tipos de identificación, sen ser necesario o uso de certificados dixitais o a achega de datos fiscais.

76. Informe de que a canle de solicitude de acceso á información pública permite o seguimento da tramitación por parte do interesado.

77. Formulación de queixas e suxestións en relación co Acceso á información.

 

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.