Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello


Ourense, 18 de outubro de 2018.

O Concello de Ourense aprobou a sinatura dun convenio de colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia para o uso do novo albergue de peregrinos, de cara a axilizar a súa apertura. Así o confirmou o alcalde da cidade, Jesús Vázquez, durante a rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno Local. O rexedor confirmou que a sinatura deste convenio será “un paso moi importante para a apertura ao público, á maior brevidade, do que está chamado a ser o albergue de referencia no Camiño de Santiago, pola súa dotación, servizos e modernidade”.

Con este acordo establécense as condicións para a posta en funcionamento desta infraestrutura por parte da Axencia de Turismo de Galicia, que terá ao seu cargo todos os gastos de conservación, mantemento e funcionamento do albergue.

“A apertura desta dotación daralle un novo pulo á zona histórica da nosa cidade, na que tamén estamos a impulsar, en colaboración coa Xunta, a recuperación de vivendas de protección para a dinamización da zona Sur do Centro Histórico”, dixo.

Fogar do transeúnte

Na xunta de goberno local tratáronse 20 asuntos, ademais de darse conta do reforzo do horario do Fogar do Transeúnte na vindeira “Campaña contra o frío”: A concellería de Asuntos Sociais informou de que entre novembro e marzo o Albergue Municipal de Transeúntes vai ampliar o seu horario de apertura durante as fines de semana e festivos.

Trátase dunha nova iniciativa de cara a próxima “Campaña do frío” coa que o Concello vai reforzar o servizo do Fogar do Transeúnte nos días que até o de agora contaban con menor atención.

A través desta proposta as instalacións municipais abrirán catro horas máis polas tardes de sábados, domingos e festivos, entre ás 15:00 e as 19:00 horas, o que suporá un total de 196 horas nos catro meses da campaña. A ampliación do servizo será atendida por un equipo de seis persoas.

“Esta iniciativa supón un paso máis, dende a nosa chegada ao Concello, de cara a reforzar os servizos que ofrece o Albergue de Transeúntes”, sinalou o rexedor. Nesta liña, recordou que dende o ano pasado o centro reforzou a súa atención aos usuarios coa incorporación dunha psicólogo e dunha educadora social, coa colaboración da Cruz Vermella.

Ademais de pernoctas, comidas, duchas, lavandería e vales para o comedor social, o Concello puxo en marcha nestas instalacións actividades formativas polas mañás e tardes, sobre todo referidas á axuda psicosocial, para reforzar a auto estima dos seus usuarios e para facer fronte a diversas adiccións. Nestas instalacións tamén se están a realizar itinerarios individualizados de atención aos usuarios para favorecer a súa inclusión na sociedade.

Usuarios do Fogar do transeúnte

As memorias do Fogar do Transeúnte confirman que nos últimos anos o número de pernoctas mantívose ao redor de 4.500 anuais, aínda que houbo un descenso no número de usuarios, xa que utilizan máis días o centro.

No ano 2014 o número de pernoctas foron de 4.511, o que supón unha media diaria de 13 persoas e o número de usuarios foi de 511. Un ano máis tarde (no 2015) as pernoctas foron 4.346 e os usuarios 500.

No 2016 o número de pernoctas baixou de forma notable até 3.987 e o de usuarios a 437 persoas. No 2017, último do que existe rexistro anual o número de pernoctas sufriu un repunte até un total de 4.632, mentres que o número de usuarios seguiu en liña descendente até un total de 441 persoas.

O perfil do usuario do Fogar do Transeúnte é o dun home de 49 anos de idade, solteiro, de nacionalidade española, que presenta desestruturación persoal e familiar, vítima da exclusión social grave e que non dispón de medios económicos para manter un domicilio nin cubrir as súas necesidades básicas.

Así, no 2017 o 86% dos usuarios foron homes (14% mulleres), unha porcentaxe parecida á dos anos precedentes como 2016 (90% homes e 10% mulleres), 2015 (87% homes e 13% mulleres) e 2014 (87% homes e 13% mulleres, respectivamente).

Por procedencia, o 75,74% dos usuarios do Albergue de Transeúntes no ano 2017 foron de nacionalidade española (334 persoas). O resto procedían de até 24 países diferentes. Dos usuarios con nacionalidade española 140 eran de Galicia, 75 da provincia de Ourense e 46 estaban domiciliados no Concello.

Na Xunta de Goberno Local tratáronse, ademais, 20 temas:

En Avogacía Consistorial informouse dunha sentenza do Contencioso-Administrativo 1 que desestima o recurso presentado polos propietarios dun negocio nos baixos de As Caldas e doutra sentenza, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que resolve a favor do Concello no recurso dun funcionario interino de Programa tras a finalización do seu contrato. Tamén se informou sobre un auto para acometer obras de saneamento nunha vivenda de Palmés e de que o Concello debera comparecer no recurso presentado por un particular contra as obras realizadas por un veciño.

Licenzas Urbanísticas, de Actividade, Apertura e Disciplina informou da concesión de dúas licenzas para reformar vivendas, tres para a reforma de cubertas e outra para a mellora da accesibilidade nun ascensor.

Aperturas concedeu licenza par adaptar un local para que acolla un gabinete de estética e acordou rectificar un erro no texto dun acordo da Xunta de Goberno Local do 22 de xuño de 2017.

O Servizo de Planeamento, Xestión Urbanística e Patrimonio tratou sete asuntos. Estimou a solicitude dun particular para que se recoñeza que dous camiños do inventario de bens do Concello non son de titularidade municipal. Aprobou unha reclamación de responsabilidade patrimonial polos danos nun vehículo; desestimou tres reclamacións (dúas por danos nun vehículo e outra por unha caída) por non concorrer os requisitos legais para unha indemnización e considerou desistida outra reclamación (por danos nun vehículo) ao non acreditar a súa condición o representante da aseguradora.

En Contratación aprobouse o expediente para contratar, mediante procedemento aberto ordinario, a subministración de Gasóleo C para a calefacción e outros usos en diversas dependencias do Concello para o que resta de ano e para o 2019. O orzamento deste contrato será dun total de 54.816,66 euros.

Na área de Servizos Xerais aprobouse o gasto concreto para a contratación da subministración de carburante para os vehículos do parque móbil do Concello entre os anos 2018 e 2020, por un importe total de 260.000 euros.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

1. Os datos biográficos do Alcalde e das/os concelleiras/os do Concello.

2. Axenda institucional do alcalde.

3. Gastos de viaxe do Alcalde e dos demais cargos electos do Concello.

4. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense e relación dos cargo (postos) de confianza ou Persoal eventual, e o importe das súas retribucións.

5. Datos básicos dos órganos descentralizados, entes instrumentais e sociedades municipais:Consello Municipal de Deportes (CMD).

6. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Consello Municipal de Deportes

7. Retribucións percibidas por altos cargos do Concello

8. Rexistro de Intereses de Actividades e Bens dos Altos cargos do Concello

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

9.  Planes e programas anuais e plurianuais municipais.

10. Organización Municipal.

11. Xestión, conservación e eliminación de documentos e arquivos do Concello.

12. Relación de inmobles propios (pdf) e Relación de inmobles en réxime de arrendamento (pdf)

13. Relación dos vehículos oficiais (propios ou en réxime de aluguer) adscritos ao Concello de Ourense (pdf)

14. Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ourense (pdf)

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

15. Código ético de bo goberno.

16. Ordes do día previas aos plenos municipais.

17. Actas dos plenos municipais.

18. Acordos da Xunta de Goberno.

19. Vídeos das sesións dos plenos municipais.

20. Resolucións xudiciais que afectan ao Concello

21. Resolucións de autorización ou recoñecemento da compatibilidade e as autorizacións de exercicio de actividade privada altos cargos (pdf)

  CONTRATACIÓNS:

48. Contratos (non incluídos os contratos menores) realizados polo Concello.

49. Contratos menores realizados polo Concello.

50. Modificación dos contratos realizados polo Concello.

51. Composición, forma de designación e convocatorias das mesas de contratación (pdf)

52. Actas das mesas de contratación.

53. Datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario dos Contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.

54. Informe explícito da publicación dos contratos na Plataforma de Contratación do Sector Público (PCSP)

 

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

55. Relación de convenios e encomendas de xestión subscritos (pdf)

56. Relación de subvencións e axudas públicas concedidas polo Concello (pdf)

57. Asignacións económicas que se conceden a cada un dos Grupos políticos municipais.

 

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

58. Lista de provedores, adxudicatarios e contratistas máis importantes do Concello (pdf)

59. Información sobre o Custo efectivo dos servizos prestados polo Concello.

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

72. Existe na Web Municipal un espazo destacado para difundir o procedemento administrativo do Dereito de acceso á información.

73. Información sobre o procedemento administrativo presencial para exercer o dereito de acceso á información.

74. Formulario de solicitude de acceso á información pública.

75. A canle electrónica de solicitudes de acceso á información pública permite diversos tipos de identificación, sen ser necesario o uso de certificados dixitais o a achega de datos fiscais.

76. Informe de que a canle de solicitude de acceso á información pública permite o seguimento da tramitación por parte do interesado.

77. Formulación de queixas e suxestións en relación co Acceso á información.

 

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.