Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A asociación Sustinea e o Concello de Ourense promoven unha horta ecolóxica social na cidade para paliar a falta de recursos económicos e atopar saída laboral na agricultura ecolóxica.

A asociación Sustinea, co apoio da Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Ourense, comezará o luns día 20 de marzo unha nova formación en agricultura ecolóxica enmarcada no proxecto "Un Rural para Tod@s", o cal, establece ferramentas para paliar a ausencia de recursos económicos e o fomento da inclusión social mediante a agricultura ecolóxica.

A formación de 50 horas afonda nos coñecementos prácticos para poñer en funcionamento o horto social, ubicado no barrio da Carballeira, para os usuarios do programa e que se estrutura en varias fases.

A primeira fase foi a recuperación e preparación do terreo abandonado que se realizou durante o Campo de Traballo do pasado verán con 20 mozos e mozas de toda Europa.

Na actualidade, a horta comeza a ser unha realidade que se afianza coa formación en agricultura ecolóxica e as formacións en orientación laboral, dotando aos usuarios das ferramentas básicas na procura de emprego.

Coa creación dunha horta ecolóxica no medio da cidade achéganse tamén ás persoas os beneficios que supón un espazo verde para a saúde, tanto a nivel físico como psicolóxico, ao ambiente, á economía e ao tecido social do barrio.

Este ano o proxecto verase completado cun campo de traballo que achegará a 20 persoas de diferentes países do mundo ao proxecto e á mellora do espazo para novas plantacións de agricultura ecolóxica.

Sustinea é unha entidade non lucrativa de actuación en todo o territorio galego que fixa o Desenvolvemento Sostible como alternativa á degradación natural e como saída ás necesidades locais.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.