A Mesa de traballo do Consello de Servizos Sociais reuniuse nas instalacións do Centro Cívico Colón para presentar o resultado final da guía de recursos que se elaborou a partir da iniciativa xurdida no Consello de Servizos Sociais.
Ademais do Concello nesta Mesa participaron as asociacións DISCAFIS-COGAMI, AODEM, Aixiña, Cadabullo, Cruz Vermella, Down Ourense, Fundación Juan Soñador, Renacer DCA, AFFOU.
Está prevista unha nova convocatoria do Consello de Servizos Sociais para presentar a guía realizada.