Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A Concellería de Asuntos Sociais vén de celebrar unha reunión de traballo, no centro cívico Colón, sobre o Programa de Protección de Solicitantes de Asilo e Refuxiados do Ministerio de Emprego e Seguridade Social que xestiona Cruz Vermella, entre outras entidades, na comunidade autónoma. Expuxéronse os obxectivos e a metodoloxía da organización neste ámbito, e abordáronse liñas de traballo a seguir entre as diferentes entidades implicadas en materia de migración (a Fundación Juan Soñador, Cáritas, UGT).

Os coordinadores de Cruz Vermella en Galicia, Joaquín Varela, e do Programa de Protección Internacional de Cruz Vermella en Galicia, Juan Redondo, expuxéronlle os obxectivos e a metodoloxía de traballo da organización á concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy, en relación coas actuacións e proxectos do sistema de acollida. Incidiuse especialmente nas diferentes fases que inclúe o itinerario de integración.

Nunha segunda parte da reunión, técnicos de servizos sociais e das entidades intercambiaron experiencias, resolvendo dúbidas en relación co alcance dos conceptos de “Refuxiado/a” e “Protección internacional”, así como das características e particularidades da fase de Acollida Temporal que é a que actualmente desenvolve Cruz Vermella en Galicia e en cuxo obxectivo final de integración e autonomía, todos os recursos poden verse implicados.

Na provincia de Ourense, Cruz Vermella conta ata o momento con 24 prazas de acollida situadas na comarca de Valdeorras. O obxectivo principal do programa de atención a persoas solicitantes de protección internacional é a acollida e integración destas na nosa sociedade.

Cruz Vermella Española conta actualmente con 1.513 prazas de acollida en 39 provincias, o que supón que triplicou a súa capacidade nos últimos meses, sendo a porcentaxe de ocupación de máis dun 90%. Espérase poder ampliar esta rede ata as 1.700 prazas este ano. As nacionalidades máis comúns das persoas atendidas por Cruz Vermella no último semestre son sirias, ucraínas e venezolanas. Un 27% dos atendidos son menores de 18 anos.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.