Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense vén de abrir o prazo de inscrición para as Actividades de Verán 2017 para nenos e nenas de Infantil e Primaria nos Centros Cívicos. Este ano por vez primeira, estarán organizadas polas concellerías de Asuntos Sociais, Sanidade e Igualdade. “O obxectivo básico é que os nenos e nenas se divirtan, se relacionen e aprendan convivindo con outros rapaces e rapazas no marco do centro cívico”, resume a concelleira Sofía Godoy. O prazo para anotarse estará aberto desde o venres 16 de xuño, até o venres 23 de xuño.

As actividades irán encamiñadas a educar e concienciar os nenos e nenas no consumo responsable e na alimentación saudable: reciclaxe, etiquetaxe dos alimentos, publicidade e comercio xusto. Ademais haberá obradoiros de coeducación, educación non sexista e dos dereitos da Infancia.

Tamén se pretende que as actividades sexan unha forma de axudar as familias a conciliar a vida laboral e familiar neste período de vacacións que ampliará o horario das actividades: de 9:00 horas a 13:30 horas para as familias que o desexen nalgún dos centros de maior afluencia.

Cómo anotarse

As actividades son gratuítas, e para anotarse hai que cubrir unha solicitude nos Centros Cívicos ou na Oficina de Atención Cidadá e entregala no Rexistro do Concello entre o 16 e o 23 de xuño de 2017 (ambos incluídos).

O criterio de selección será o seguinte: estar empadroado no Concello, entregar a solicitude en prazo e ter concedida algunha das quincenas de preferencia antes de que se poida gozar dunha segunda. A admisión nas quincenas será por orde de entrada no Rexistro Xeral do Concello.

Horarios

As actividades realizaranse nos centros cívicos de: Colón, A Cuña, A Ponte, As Termas e Seixalbo durante os meses de xullo e agosto de 2017. Serán de luns a venres e os horarios van de 9:00 a 13:30 horas dependendo do centro. Vanse dividir en quincenas do seguinte xeito:

  • Do 3 ao 14 de xullo
  • Do 17 ao 31 de xullo
  • Do 1 ao 16 de agosto
  • Do 17 ao 31 de agosto

 

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.