Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello ven de facer público un listado cos nomes de solicitantes de axudas de libros e comedores escolares para o 2017 que teñen algunha falla ou erro na sua solicitude, coa intención de que completen a documentación para poder optar a estas axudas.  O prazo para cubir estas deficiencias será de dez días, a contar da publicación deste anuncio na web.

A Concellería de Asuntos Sociais fai un requirimento de Emenda (subsanación), de solicitudes de axudas de libros e comedores escolares para o ano 2017 segundo a convocatoria publicada ( BOP 111, do 16 de maio de 2017). 


Para dar trámite as solicitudes de axudas de libros e material escolar e comedores escolares, e apreciadas fallas na documentación esixida no artigo 6 das bases da convocatoria, segundo o listado adxunto ao presente anuncio, faíse público coa indicación expresa de que, para tal fin, os interesados dispoñen do prazo de DEZ DÍAS, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos do Concello e na páxina
web, www.ourense.gal, de acordo co artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, co apercibimento de que, de non facelo no mencionado prazo, se lle terá por desistido da súa petición cos efectos previstos no artigo 21.1 da citada Lei.

Listado de solicitantes e erros que teñen que subsanar (pdf)

Listado provisional de beneficiarios das axudas de libros e comedores escolares curso 2017/18 (pdf)

Ademáis, pódese consultar dito listado nos seguintes enderezos:

  • Rúa Bispo Carrascosa no 8, baixo.
  • UNIS A ponte Rúa Eulogio Gómez Franqueira no 43 (Centros Cívico a Ponte).
  • UNIS Centro Rúa Bernardo González Cachamuíña no 11-13.
  • UNIS Couto Rúa Francisco de Moure no 2.
  • UNIS Casco Vello Rúa Colón no 18, (centro cívico).

Máis información

Aprobación da convocatoria de axudas de libros e comedores escolares

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.