Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Auditorio Municipal acolleu  a presentación dos cursos de Envellecemento activo que promove a Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Ourense. Un total de 24, nesta convocatoria, nos que participarán desde o vindeiro 15 de xaneiro un total de 692 ourensáns maiores de 60 anos, 551 mulleres e 141 homes.Ao acto asistiu o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, quen felicitou o público asistente por manterse activos: “Non podemos permitirnos o luxo de pararnos en ningún momento”, dixo. Xunto ao rexedor, tamén asistiron a titular da área Social, Sofía Godoy, e a directora xeral de Maiores da Xunta de Galicia, Fabiola García.

A ofertade actividades estaba dirixida ás persoas maiores de 60 anos que están empadroadas no Concello de Ourense, e recibíronse un total de 1.342 solicitudes. As actividades máis demandadas foron as de exercicio físico, seguidas dos cursos de informática e dos de estimulación cognitiva. Finalmente, organizáronse todas as solicitudes en 39 grupos para realizar 24 cursos: Ioga e tai chi, teatro, inglés, risoterapia, tai chi e qigong, memoria, coaching para maiores, animación á lectura, mantemento físico e estimulación cognitiva, manualidades creativas, pilates, iniciación á informática e manexo del móbil, internet avanzado, natación, aquagym, relaxación, o valor da experiencia, primeiros auxilios, musicoterapia, ximnasia mental e ximnasia terapéutica.

A presentación contou, ademais, coa actuación da coral Gaudeamus, integrada por persoas que participan dos Cursos de Envellecemento activo.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.