A convocatoria das axudas foi aprobada pola Xunta de Goberno Local do Concello na súa sesión de data 5 de abril por importe de 325.093,24€ (trescentos vintecinco mil noventa e tres euros con vintecatro céntimos), do orzamento municipal correspondente ao ano 2018.
Beneficiarios
As asociacións e entidades validamente constituídas sen fin de lucro e que realicen actividades de interese ou promoción social ou de utilidade pública e sexan de interese municipal.
- Serán requisitos esixibles ás entidades, que cumprirán antes da data da proposta de concesión de subvención, ademais dos previstos con carácter xeral nos artigos 8 e 10 da Lei de subvencións de Galicia e nos artigos 11 e 13 da Lei Xeral de Subvencións, os previstos na Ordenanza municipal de subvencións do Concello de Ourense.
- Que teñan sede social ou delegación no termo municipal do Concello de Ourense.
- Que os seus estatutos teñan como obxectivos e finalidades principais a prestación de servizos sociais dirixidos a persoas e colectivos en situación de vulnerabilidade social, coincidentes co obxecto da subvención.
- Estar inscrita no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais ( RUEPSS).
Constar inscritas no Rexistro de asociacións municipais ou acreditación de ter solicitada a inscrición no mesmo. As entidades deberán cumprir os requisitos previstos na Lei de subvencións de Galicia, na Lei Xeral de Subvencións, os previstos na Ordenanza municipal de subvencións do Concello de Ourense.
- Poden consultarse as bases, no BOP núm. 82 do 8 de abril de 2017.
- Corrección de erros, no BOP núm. 153 de 5 de xullo de 2017
- Pode consultarse a convocatoria, no BOP núm. 93 do 24 de abril de 2018