Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A Concellería de Asuntos Sociais publica hoxe, 15 de xuño, un requirimento de enmenda para que os solicitantes do programa de axudas de libros e comedor escolar do curso 2018-2019 poidan subsanar as fallas atopadas na documentación presentada durante a xestión destas axudas.

Por este motivo tamén publica na súa web os nomes dos solicitantes e a documentación que precisan para que as súas solicitudes estean correctas.

Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles, a partires do seguinte da publicación hoxe deste anuncio no taboleiro de edictos do Concello e na páxina web www.ourense.gal (até o 29 de xuño) para correxir os erros e achegar a documentación solicitada.

Deberán presentar a documentación que se lles solicita no Rexistro Xeral do Concello.

De non facelo no mencionado prazo, se lle terá por desistido da súa petición cos efectos previstos no artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A convocatoria das axudas foi aprobada pola Xunta de Goberno Local do Concello na súa sesión de data 5 de abril e está dotada cun orzamento de 243.348,47 euros (20.000 euros para axudas a libros de texto e material escolar e 223.348,47 euros para comedores escolares)

Listado do requerimento de enmendas no Programa de Libros e Comedor Escolar (pdf) 

Aprobación da convocatoria de axudas de libros e comedor escolar para o curso 2018–2019 (nota de prensa)

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.