A Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Ourense ven desenvolvendo nos derradeiros anos o Programa de Envellecemento Activo, que consiste na realización dunha serie de cursos e actividades de ocio e tempo libre para as persoas maiores de 60 años, no municipio. A realización destas actividades encomendase a profesionais e empresas que reúnan as condicións máis idóneas tanto pola cualificación do persoal técnico como pola súa infraestrutura.
É obxecto das bases regular a selección de proxectos do programa de actividades de ocio e tempo libre para persoas maiores no marco do programa de envellecemento activo do Concello de Ourense.
Poderán participar e presentar proxectos de actividades, todas as persoas físicas ou xurídicas, legalmente recoñecidas, con plena capacidade de obrar, capacitación técnica e habilitación profesional, e que non estean incursas nalgunha causa de exclusión ou prohibición para contratar coas administracións públicas.