Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Programa CaixaProinfancia, posto en marcha polo Concello de Ourense e a Obra Social "La Caixa", e coordinado pola Fundación Juan Soñador, superou no pasado curso todas as expectativas atendendo a 57 familias, sete máis do máximo previsto, e 95 menores en risco de exclusión social.

“Este é un programa moi eficaz, cada día máis implantado no noso concello e no que cada vez participa un maior número de familias”, confirmou a concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy durante a última reunión dos organismos e entidades que participan neste proxecto social.

Godoy agradeceu o traballo da Fundación Juan Soñador e especialmente a “la Caixa” pola “súa voso traballo para mellorar a situación das familias que máis o precisan” e mostrou o seu “convencemento” de que este proxecto “continuará durante moitos anos”.

O representante do departamento de “Loita contra a Pobreza” da Obra Social La Caixa, Josep Oliva, confirmou que “o programa está indo moi ben nas sete cidades de Galicia nas que está en marcha” e que se trata dun “proxecto que chegou con vontade de quedarse e de seguir traballando en Ourense os cursos que faga falla”.

De feito confirmou que o vindeiro ano está previsto un encontro dos responsables do programa CaixaProinfancia de toda Galicia en Santiago de Compostela, no que tamén participarán as familias para explicar a súa experiencia tras dous anos como beneficiarios.

O programa consiste nun modelo de intervención integral coa infancia en situación de pobreza e céntrase principalmente na relevancia da colaboración e o traballo en rede entre os diversos axentes que traballan coas familias, ofrecéndolles apoio en diversos ámbitos como: educación, sanidade, acción social, ou actuacións da administración pública.

Na nosa cidade estase a desenvolver nos barrios de Covadonga, As Eiroás e o Vinteún, zonas de especial sensibilidade social. Ao inicio do pasado curso estaban inscritas 38 familias, dun total de 50 beneficiarios previstos. Ao final do curso ofrecérase atención a 57 familias e 95 rapaces (62 nenos e 33 nenas), especialmente de Educación Primaria. Para prestar os servizos o programa contou coas instalacións do Centro Cívico de A Ponte e do CEIP Virxe de Covadonga.

Este ano, ademais dos tradicionais servizos de reforzo de educación en Primaria e Secundaria o programa contou coa novidade dun campamento de verán en Allariz, ao que acudiron nenos procedentes de toda Galicia; e actividades de ocio no Centro Cívico de A Ponte e de reforzo educativo.

Outro dos eixos deste programa, que conta cun orzamento de 55.000 euros, está dirixido á prestación de bens a través de tarxetas para as familias inscritas. Este ano ofrecéronse sete tarxetas para produtos de alimentación e hixiene (cunha contía de 300 euros cada unha), oito para gafas (100 euros por tarxeta) e nove para a compra de material escolar (100 euros por tarxeta).

Para o vindeiro ano o programa ten previsto poñer en marcha unha nova iniciativa o proxecto “”Aprender xuntos en familia”, un obradoiro que traballara cos menores, cos adultos e tamén coas familias para impulsar a creación dunha rede entre os beneficiarios do proxecto.

Dende a organización deste programa destácase a satisfacción e motivación das familias beneficiarias, que “están a ter unha asistencia moi boa aos servizos prestados”. Tamén se está a confirmar unha mellora na situación dos menores, “que se está a reflexar nunha mellora da súa integración e rendemento escolar; así como da conciliación familiar a través de actividades de ocio e tempo libre”.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.