Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy,  mostrouse “sorprendida” de que o Partido Socialista “veña darnos leccións de xestión e sensibilidade social, en relación á axuda a domicilio”, cando “arrastraron a este servizo ao desastre e ao precipicio absoluto cando estiveron gobernando”. Tamén lles reprochou a súa falta de sensibilidade social, xa que “podendo aumentar as horas deste servizo cando gobernaron non o fixeron”.

“Co Partido Socialista había 153 usuarios e 69.000 horas en dependencia, mentres que na actualidade ofrecemos servizo a 435 usuarios dependentes e 176.346 horas” explicou Sofía Godoy, durante a súa intervención esta maña no Pleno con motivo da moción socialista que reclamaba medidas urxentes para garantir e optimizar a prestación do servizo de axuda no fogar. 

A concelleira recordoulles aos socialistas que estas cifras son tan só a punta do iceberg do inxente esforzo do actual grupo de goberno por mellorar este servizo, a pesares das gravísimas dificultades nas que se atopaba ao inicio do mandato.

Así, explicou que na actualidade estase a ofrecer atención a preto de 1.000 persoas -entre dependentes, maiores e persoas que viven soas- e que se están a proporcionar 250.000 horas de atención. “É dicir, subimos preto de 200 usuarios e aumentamos 78.200 horas co mesmo orzamento que tiña o PSOE,  sen recortar ningún servizo dentro da concellería e aumentando a actividade en áreas como a inclusión social, conciliación, centros cívicos ou novos proxectos”, dixo Sofía Godoy.

“A pesar de non ter orzamentos, estamos a ofrecer o 100% das horas de contrato e facemos todo o posible por eliminar a lista de dependentes sen servizo a domicilio”,  explicou a concelleira.

Fronte a esta situación lamentou que dende o PSOE “se están acostumando  a dar as costas aos máis vulnerables e aos que máis os precisan”, tal e como demostraron neste últimos anos ao rexeitar unha e outra vez a “oportunidade de apoiar os orzamentos máis sociais da historia desta cidade, así como a posta en marcha dun pacto social para blindar os servizos sociais”.

“Un pacto que garantiría, por primeira vez en Ourense, que as persoas que o necesitaran tiveran cobertura en cada un dos servizos sociais, independentemente de quen gobernara”, recordou a concelleira.

Godoy reprochou aos socialistas que deixaron en herdanza ao actual grupo de goberno un servizo a punto de quebrar, con un ERE enriba da mesa que ía supoñer “unha redución drástica de persoal”, e cun contrato a punto de entrar en precario. “Evitamos que iso ocorrese e sacamos unha nova licitación”.

A concelleira recordou que o prego técnico do novo contrato de axuda a domicilio, adaptado á nova Lei de Contratos, e desmentiu que expirase o día tres de xaneiro, xa que “hai tres meses de prórroga que xa se notificaron á empresa”. Tamén confirmou que nos vindeiros días haberá unha reunión co comité de empresa para explicarlle a situación, “coma sempre fixemos”.

“Gustaríanos contemplar máis  servizo, máis horas e por tanto máis emprego e usuarios. Pero sen orzamentos non se pode. Deixen de confundir a cidadanía. A non ser que queiran que ampliemos o contrato a costa de eliminar outros servizos sociais imprescindibles e básicos. Vostedes son os causantes de que non se cubran máis horas”, incidiu a Sofía Godoy.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.