A Concellería de Política Social, Igualdade e Sanidade do Concello de Ourense publica as resolucións das convocatorias públicas para a selección de actividades ou proxectos dos programas de Envellecemento Activo, Actividades dos Centros Cívicos para nenos e nenas, e Actividades dos Centros Cívicos para o curso 2019/20, tal e como se reflicte no Artigo 6 das Bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria do 17 de abril de 2019 (publicadas no BOP nº 111, do 16 de maio de 2019).
- Resolución da convocatoria pública de selección de actividades ou proxectos para o Programa de Envellecemento Activo que desenvolve a Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Ourense para o curso 2019/20
- Resolución da convocatoria pública de selección de actividades ou proxectos para o Programa de Actividades dos Centros Cívicos para nenos e nenas que desenvolve a Concellería de Asuntos Sociais para o curso 2019/20
- Resolución da convocatoria pública de selección de actividades ou proxectos para o Programa de Actividades dos Centros Cívicos que desenvolve a Concellería de Asuntos Sociais para o curso 2019/20.