Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello pon á disposición das familias de Ourense unha programación de actividades de verán para a rapazada, que se desenvolverá nos centros cívicos, nos colexios de Infantil e Primaria e na Aula de Natureza do río Miño, en Oira. As actividades son desenvolvidas polas concellerías de Política Social, nos centros cívicos, e Educación, nos CEIP e Aula de Natureza, coa finalidade de ofertarlle á cativada a posibilidade de participar en propostas de lecer e formativas nas que desfrutar durante as vacacións de verán, ao tempo que achegar ás familias importantes recursos para a conciliación familiar e laboral.

A programación de actividades de Educación, para nenos e nenas de 5 a 12 anos, estase pechando estes días coa finalidade de ampliar a oferta de prazas e espazos, garantindo o cumprimento dos protocolos de actuación derivados da alarma sanitaria. Proximamente poranse en marcha as preinscricións e as matrículas, que se realizarán a través da páxina web da Concellería de Educación, contando co apoio do persoal da Concellería cando sexa preciso.

A programación dos centros cívicos amplía este ano horarios, oferta tamén actividades polas tardes e os primeiros días de setembro, para cubrir até o inicio do curso escolar, articulada en quincenas, desde o día 1 de xullo até o 11 de setembro. Están dirixidas a nenos e nenas que naceran entre o 1/ 01/ 2008 e o 31/ 12/ 2016, co obxectivo básico de se divirtan, se relacionen e aprendan convivindo con outros rapaces e rapazas. Serán nos cinco centros cívicos municipais: Colón, A Cuña, A Ponte, As Termas e Seixalbo

O horario é de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas de luns a venres. As inscricións realizaranse desde o venres, 12 de xuño, a través da páxina Cursos Asuntos Sociais cubrindo un impreso que estará dispoñible ese mesmo día desde as 9:00 horas. O prazo rematará o día 16 de xuño ás 24:00 horas. Se algunha persoa precisa axuda coa inscrición pode dirixirse telefonicamente ao 988 393 107.

As actividades son gratuítas, dirixidas a familias empadroadas no Concello. Para adxudicar as prazas teranse en conta a orde de entrega das solicitudes, a orde de preferencia buscando sempre garantir que todos os nenos teñan a posibilidade de ter concedida como mínimo unha das quincenas.

Os contidos buscan fomentar a participación dos nenos e nenas en actividades socio educativas, lúdicas e culturais que promovan a educación en igualdade e o coñecemento dos seus dereitos recoñecidos na Convención de Dereitos da Infancia. Trátase de promover que os menores se convertan en axentes de cambio social identificando a realidade do seu barrio e o seu entorno. Todo no marco das accións encamiñadas a dar cumprimento aos obxectivos do I Plan de Infancia e Adolescencia do Concello de Ourense.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.