Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense e o Club de Leóns Ourense Calpurnia colaborarán na atención ás persoas que viven en soidade con diferentes accións que se levarán a cabo proximamente na cidade. Así se puxo de manifesto na xuntanza mantida esta mañá no salón de plenos, na que estiveron presentes o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, a concelleira da área social, Engenia Díaz Abella, e a presidenta do Club de Leóns, María Antonia Rilo, xunto con membros da directiva da organización ourensá, poñendo de manifesto a necesidade de actuar de forma conxunta para dar resposta ao problema da soidade que moitas persoas maiores padecen no noso municipio.

Neste sentido, en breve concretaranse as primeiras accións que se levarán a cabo, co obxectivo claro de paliar esa soidade, como indicou Eugenia Díaz, destacando a relevancia que ten este tipo de colaboración con colectivos coma o Club de Leóns Ourense Calpurnia, que destacan precisamente neste labor. Pola sua banda, María Antonia Rilo, subliña o carácter “altruista e de voluntariado” do Club de Leóns, que centra a súa intervención no apoio a aquelas persoas maiores que padecen a soidade, amosando a sua sastisfación por poder colaborar co concello.

Por outra banda, o rexedor e a concelleira de Política Social anunciaron que tamén se asinará un convenio de colaboración con Cruz Vermella para atención e seguimento das persoas maiores que viven en soidade, como se avanzara xa na última xuntanza que mantiveron co presidente desta organización, Felipe Ferreiro, quedando pendente de concretar o dito convenio para poñer en marcha todo o operativo.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.