Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, participou esta mañá na xuntanza da mesa de contratación encargada de adxudicar as programacións de actividades que desenvolverá o Concello nos centros cívicos, dirixidas á cativada e persoas adultas, e do programa de cursos e obradoiros de envellecemento activo, dirixidas ás persoas maiores.

Como en anos anteriores, os proxectos selecciónanse a través dunha convocatoria pública, que se realizou durante o verán, na que as empresas interesadas en organizar os cursos e as actividades presentaron as súas ofertas. Técnicas da Área de Asuntos Sociais do Concello avaliaron as propostas, e elaboraron unha proposta de adxudicación, que se trasladou á mesa de contratación esta mañá. Remitirase agora a fiscalización para plasmarase logo nun decreto.

O Concello mantén así as súas previsións de iniciar en outubro as actividades infantís dos centros cívicos e a comezos de novembro as dirixidas a persoas adultas e as do programas de envellecemento activo.

As persoas interesadas poderán inscribirse a través da páxina web de actividades de Asuntos Sociais do Concello.

Na sesión desta mañá, Asuntos Sociais deu conta tamén da listaxe provisional das axudas da convocatoria realizada polo Concello para libros de texto, material escolar e comedor escolar de 2019/2020, que se publicarán proximamente para coñecemento das persoas interesadas.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.