Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A xunta de goberno local do Concello de Ourense, na reunión do día 8 de outubro, aprobou a sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello de Ourense e Cruz Vermella para financiar o proxecto de acollida, valoración e resposta inmediata para atender ás persoas en situación de vulnerabilidade.

O convenio ten como obxectivo ofrecerlles ás persoas que se atopan en situación de vulnerabilidade, unha atención eficaz e reparadora que, dende una perspectiva coordinada de intervención comunitaria, permita identificar claramente as necesidades prioritarias que requiran dunha resposta inmediata e/ou dun plan de intervención individualizada. Estímase que no ámbito do Concello de Ourense, directa e indirectamente poderanse beneficiar deste proxecto entre 2.000 e 2.500 persoas, especialmente no ano actual, marcado pola crise sanitaria e as súas consecuencias económicas.

O Concello destinará a este convenio unha achega económica de 75.000 euros, a través dunha subvención nominativa. Na mesma sesión, a xunta de goberno local aprobou o pagamento de 3 convenios de colaboración asinados polo Concello de Ourense con entidades sociais do ámbito sanitario, por un importe total de 75.000 euros (25.000 euros cada un).

O convenio co Comité Cidadán Antisida ten por obxecto de financiar gastos do Programa de reducción de riscos en usuarios de drogas por vía parenteral para o ano 2019. O convenio coa Fundación Monte do Gozo Proxecto Home ten como finalidade o financiamento dos gastos de rehabilitación e reinserción sociolaboral en réxime residencial de condutas aditivas para drogodependentes. O convenio coa Asociación de Axuda ao Toxicómano (ATOX) ten por obxecto financiar gastos do Programa piso de acollida para a incorporación social para o ano 2019.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.