Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense resolveu a convocatoria para a concesión de subvencións en especie para libros de texto, material escolar e comedores escolares correspondentes ao curso 2020-2021. Desde a Concellería de Política Social destínanse 220.025 euros ás axudas para comedores escolares, e 15.780 euros para as axudas de libros de texto e material escolar.

Pódese consultar dito listado nos seguintes lugares:

  • nas dependencias da Concellería de Política Social, na rúa Bispo Carrascosa nº. 8

  • no taboleiro de editos do Concello de Ourense

  • na páxina web do Concello de Ourense [Sede electrónica]

O Concello concede agora un prazo de 10 días para que as persoas beneficiarias acepten ou rexeiten a axuda. De non producirse unha manifestación expresa, entenderase aceptada tacitamente.

Desde a Concellería afírmase que as axudas chegarán a todas aquelas familias que cumpran os requisitos: foron 337 as solicitudes aceptadas para axudas de comedores, e 144 para material escolar e libros de texto.

Entre os criterios para a denegación destas axudas están o de superar os 3.500 € de renda per cápita anual, non estar empadroados no concello de Ourense con tres meses mínimos de antigüidade no mesmo domicilio, non estar escolarizados en centros de ensino públicos ou concertados do concello de Ourense, ou non entregar a solicitude ou os diferentes requirimentos realizados desde a Concellería de Política Social en prazo

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.