Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

 

O Concello de Ourense abrirá mañá, martes 13 de abril, os prazos para solicitar as axudas que lles concederá este ano ás familias para afrontar os gastos en libros e comedores escolares para o próximo curso 2021/2022. O Concello publica o extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense de hoxe e na páxina web municipal www.ourense.gal, de forma que as persoas interesadas poidan presentar as súas solicitudes. O prazo é de 15 días hábiles, até o 3 de maio.

A convocatoria para a compra de libros e material escolar e para os gastos en comedores escolares para o próximo curso 2021/2022, ten un orzamento de 294.250 euros. Vai dirixida a unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo residentes no Concello que, na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes cumpran os requisitos de estar empadroados no Concello de Ourense, con tres meses mínimo de antigüidade, todos os membros da unidade de convivencia; non superar os 3.500 euros de renda per cápita anual -computarase un membro máis no caso de presentar algún deles unha discapacidade igual ou superior ao 33%, e tamén no caso de ser familia monoparental-.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Ourense ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, del 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Toda a información e impresos están na web do Concello.

Toda a información, na sede electrónica municipal [Enlace].

 

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.